ORDE do 22 de abril de 2022 pola que se establecen as
bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de
subvencións para a transformación
dixital e modernización do sector comercial e artesanal e se procede a súa convocatoria para o ano 2022 (código de
procedemento CO300C).
Obxecto: subvencións para a implantación e impulso da estratexia dixital e modernización dos sectores comerciais e artesanais.
Beneficiarios:
-
Comerciantes retallistas con
domicilio social radique en Galicia, que non sexan recoñecidos como grande
establecemento e que cumpran cos requisitos para exercer a actividade. Que
tendo a condición de PEME, teñan un número de empregados/as igual ou inferior a
20, incluídas as persoas en situación de autoemprego. Que estean dados de alta
na nalgunhas das epígrafes do IAE que se relacionen no anexo II e III. No caso
de que a actividade principal sexa unha actividade das epígrafes relacionadas
no anexo III, debera estar dado de alta nalgunha actividade comercial relacionada
co anexo II. Que desenvolva a súa
actividade nun establecemento cunha superficie de exposición e venda igual ou
inferior a 300 metros cadrados, agás que a actividade comercial se encadre na
epígrafe 653.1 do IAE
-
Obradoiros artesáns que estean
escritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia. En caso de novos obradoiros,
poderán solicitar a inscrición no dito rexistro ata o último día do prazo
establecido para a presentación de solicitudes.
Solicitudes: estas solicitudes serán presentadas obrigatoriamente por medios
electrónicos.
Actuacións
subvencionables e importe máximo sen IVE:
1. 1. Liña de dixitalización comercial, subvención será do 80% tendo en conta en todo caso as inversións máximas subvencionables en función das actuacións e número de empregados. Inclúe implantación e actualización de páxina web con venda e sen venda en liña, mantemento de páxinas web, hardware e lector de códigos de barras, etc.
2. Liña de modernización comercial en obradoiros e comerciantes retallistas con tenda física. Non pode ser de segunda man e inclúe: maquinaria, ferramentas ou equipamentos auxiliares de fabricación externa cualificada que teñan relación directa coa actividade ou que melloren o deseño ou a calidade do produto final.
Non son subvencionables: ordenadores, teléfonos
móbiles, televisores, reprodutores de son e imaxe, TPV (agás os establecidos no
módulo I); compra de máquinas propias de proceso industrial; compra de máquinas
e instrumentos para servizos profesionais; investimentos destinados a locais
para uso da actividade artesanal, materias primas para actividades artesanal;
investimentos non relacionados coa realización da actuación subvencionable.ç
Cuantía da axuda: será do 80%. Inversión máxima
subvencionable 7.000 euros, IVE excluído.
Prazo presentación de solicitudes: do 24 de maio ata o 23 de xuño de 2022.
Destacar: consideraranse subvencionables as actuaciós previstas no artigo 4, sempre que estas sexan realizadas e efectivamente pagadas desde o 1 de decembro de 2021 ata a data limite de xustificación establecida no artigo 20, pola incidencia que nos sectores do comercio e da artesanía teñen tanto o período de rebaixas de inverno como a campaña de Nadal, que son para moitos establecementos o momento idóneo para o lanzamento de novas propostas comerciais, en establecementos e a través da canle dixital.
Máis información: contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local ou pinchando no seguinte enlace: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=CO300C
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220523/AnuncioG0596-020522-0008_gl.html
No hay comentarios:
Publicar un comentario