PERSOAS BENEFICIARIAS DESTAS AXUDAS:
Poderán
ser beneficiarias das axudas reguladas nesta orde todas as persoas traballadoras autónomas de alta no RETA como persoas
traballadoras por conta propia, as comunidades de bens ou sociedades civís, as
microempresas e os mutualistas, sempre que estean de alta ou en situación
asimilada, que teñan o seu domicilio fiscal en Galicia, que tivesen unha alta anterior ao 1 de xaneiro de 2019 e
que acrediten unha baixada de
facturación de, polo menos, o 65 % comparando o ano 2019 co ano 2021
Tamén
poderán ser beneficiarias as persoas
traballadoras autónomas de tempada que estean de alta no momento da presentación
da súa solicitude e estivesen de alta un mí-nimo de catro (4) meses e un máximo
de nove (9) meses no ano 2019
Quedan excluídas desta orde as
actividades en que convocaron axudas de xeito específico
as consellerías da Xunta de Galicia competentes por razón da materia, entre
outras, axudas para hostalaría, hoteis, hostais, casas rurais e outros tipos de
aloxamentos, axencias de viaxes, lecer nocturno, pesca, acuicultura ou
marisqueo, e as actividades culturais como orquestras
Exceptúanse
do indicado no parágrafo anterior aquelas persoas beneficiarias que desenvolvan
a súa actividade sen teren establecemento permanente aberto ao público
IMPORTE DAS AXUDAS: O importe das axudas varía según a facturación acreditada
correspondente a o ano 2019, e van desde os 1.000 euros ata os 12.000 euros.
No caso de autónomos de tempada, os importes reduciranse un
50%.
PRAZO DE SOLICITUDE: un
mes a partir do día seguinte á publicación (comenza o prazo o día 04 de maio de
2022), salvo esgotamento do crédito, as axudas van concedéndose por orde de
entrada.
FORMA DE SOLICITUDE:
electrónicamente, para o cal se deberá disponer dun certificado dixital ou da
CHAVE 365.
MÁIS INFORMACIÓN:
contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local ou pinchando no
seguinte enlace
No hay comentarios:
Publicar un comentario