A Consellería de Emprego e Igualdade concedeu unha axuda ao Concello do Vicedo para a contratación de 1 AUXILIAR DE BIBLIOTECA, a xornada parcial e durante 9 meses, ao abeiro da Orde do 07 de xaneiro de 2022 pola que se establecen as bases que regulan as axudas e subvencións para a contratación temporal de persoas perceptoras da RISGA, no ano 2022.
Para poder optar a estos postos de traballo hai que ser perceptor da renda de integración social de Galicia (RISGA) e estar desempregados, non ocupados e dispoñible para o emprego, e inscritos no servizo público de emprego (oficina de Viveiro), tanto no momento da selección como no da contratación.
Máis información: contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local municipal, ou pinchando no seguinte enlace https://concellodovicedo.sedelectronica.es/board
No hay comentarios:
Publicar un comentario