lunes, 2 de mayo de 2022

Oferta de emprego: 3 peóns forestais. Programa APROL RURAL

A Consellería de Emprego e Igualdade concedeu unha axuda ao Concello do Vicedo para a contratación de 3 PEÓNS FORESTAIS, para o mantemento de zonas naturais, a xornada completa e durante 9 meses, para empezar a máis tardar o 15 de xuño de 2022,  ao abeiro da Orde do 07 de xaneiro de 2022 pola que se establecen as bases que regulan as axudas e subvencións para o fomento do emprego no medio rural (Aprol rural) para o ano 2022.


Para poder optar a estos postos de traballo hai que estar desempregados, non ocupados e dispoñible para o emprego, e inscritos no servizo público de emprego (oficina de Viveiro), tanto no momento da selección como no da contratación.

Máis información: contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local municipal, ou pinchando no seguinte enlace https://concellodovicedo.sedelectronica.es/board

No hay comentarios: