martes, 2 de agosto de 2022

Concedido un novo obradoiro de emprego "Terras do Sor VI" conxunto para os concellos de O Vicedo, Ourol e Muras

Está previsto proximamente por en funcionamento un Obradoiro dual de emprego conxunto para os concellos de O Vicedo, Ourol e Muras, denominado "Terras do Sor VI", subvencionado pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, para as especialidades de: 


- Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais.
- Traballos de carpintería e moble.

Os candidatos deberán estar inscritos como desempregados na oficina de emprego de Viveiro e carecer de ocupación, ademáis doutros requisitos que poden establecerse nas bases de selección, as cales cando estén aprobadas expoñeranse na sede electrónica do concello de O Vicedo, taboleiro de edictos, etc. 

Os interesados deben pasar canto antes pola oficina de emprego de Viveiro para inscribirse especificamente para Obradoiros duais de emprego e nunha das dúas especialidades en concreto. 

Ademáis, contratarase  outro persoal de xestión e apoio: un director, monitores un adminsistrativo.

Para máis información: contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local deste concello, ou chamando ao 982590029 

No hay comentarios: