jueves, 25 de agosto de 2022

Oferta de emprego: auxiliar de axuda no fogar a xornada parcial (30 horas/semana)

 Están expostas as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha  AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR, a xornada parcial (30 horas/semana), con adscrición ao servizo municipal de axuda no fogar do Concello do Vicedo. Sendo a data de  inicio prevista o día 16 de setembro de 2022, e por un período de seis meses.

O prazo de inscrición comenza mañá e remata o día 05 de setembro de 2022. A selección realizarase o día 06 de setembro de 2022, a partir das 10:00 na Casa Consistorial.

Para máis información e inscricións pasar pola Casa do Concello, ou pinchando no seguinte enlace:https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0  

No hay comentarios: