martes, 30 de agosto de 2022

Oferta de emprego: peón de recollida de lixo a xornada completa

 Están expostas as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha  PEÓN DE RECOLLIDA DE LIXO, a xornada completa, con adscrición ao servizo municipal de recollida de lixo do Concello do Vicedo. Sendo a data de  inicio prevista o día 16 de setembro de 2022, e ata a cobertura definitiva da praza con persoal laboral fixo, e no horario que demande o servizo.

O prazo de inscrición comenza mañá e remata o día 05 de setembro de 2022. A selección realizarase o día 06 de setembro de 2022, ás 10:30 na Casa Consistorial.

Para máis información e inscricións pasar pola Casa do Concello, ou pinchando no seguinte enlace: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0  

No hay comentarios: