martes, 31 de octubre de 2023

Publicación no BOP das bases para a selección dun Auxiliar administrativo/-a, como funcionario interino, dentro do programa "Reforzo do Emprego do plan Provincial Único de Cooperación cos concellos 2023"

No BOP de Lugo do día 31/10/2023 publícanse as bases para o nomeamento como funcionario interino dun AUXILIAR ADMINISTRATIVO/-A, pertencente á escala de Administración Xeral, dentro do programa: "Reforzo do Emprego do plan Provincial Único de Cooperación cos concellos 2023", financiado pola da Excma. Deputación Provincial de Lugo.

O prazo de solicitude é de 8 días naturais a contar a partir do día seguinte ó da publicación: polo tanto queda aberto desde o día 1 de novembro de 2023 ata o día 8 de novembro de 2023.

Para máis información ou consulta das bases contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local do concello do Vicedo, ou pinchar aquí: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

No hay comentarios: