A APE Galicia, a asociación de autónomos e pequenas empresas de Galicia, organiza novas formacións en liña para o mes de outubro:
- Marketing básico en medios sociais na contorna rural, en modalidade teleformación 25 horas + 3 horas de aula virtual, total 28 horas.
- Fomento e promoción do traballo autónomo en economía social, en modalidade teleformación 30 horas + 3 horas de aula virtual, total 33 horas.
ü Son formacións totalmente gratuitas, financiadas pola Xunta de Galicia.
ü Dirixidas ao colectivo autónomo, responsables de comunicación, persoas emprendedoras, desempregados/as, persoas traballadoras por conta allea…
ü Horario flexible.
Marketing básico en medios sociais na contorna rural.
16 outubro – 27 outubro
Con este curso o alumnado aprenderá sobre comercio electrónico e marketing en Internet e a determinar todos os elementos a ter en conta para xestionar de forma autónoma e responsable unha empresa.
Contidos
ü A web 2.0 na empresa.
ü Crear contidos e conversar en medios sociais.
ü Escoitar e medir en medios sociais.
ü A aplicación nas empresas de economía social.
Fomento e promoción do traballo autónomo en economía social.
16 outubro – 31 outubro
O obxetivo deste curso é fomentar e potenciar actitudes e valores emprendedores e facilitar a adquisición de coñecementos básicos e estratexias favorables ao emprendemento.
Contidos
ü O espíritu emprendedor.
ü A idea de negocio.
ü Plan de negocio.
ü Trámites para o establecemento dun negocio.
ü Introducción á responsabilidade social empresarial.
Se estás interesado/a podes inscríbirte en www.apegalicia.gal e recibirás o correo de confirmación da túa inscripción.
Para máis información chamar ao 986891657.
No hay comentarios:
Publicar un comentario