martes, 3 de octubre de 2023

Concedido un novo obradoiro de emprego "Terras do Sor VII" conxunto para os concellos de O Vicedo, Ourol e Muras

Está previsto proximamente por en funcionamento un Obradoiro dual de emprego conxunto para os concellos de O Vicedo, Ourol e Muras, denominado "Terras do Sor VII", subvencionado pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, para as especialidades de: 


- Atención sociosanitaria a persoas no domicilio.
- Traballos de carpintería e moble.

Os candidatos deberán estar inscritos como desempregados na oficina de emprego de Viveiro e carecer de ocupación, ademáis doutros requisitos de titulación e outros que podan establecerse nas bases de selección, as cales cando estén aprobadas expoñeranse na sede electrónica do concello do Vicedo, taboleiro de edictos, etc. 

Os interesados deben pasar canto antes pola oficina de emprego de Viveiro para inscribirse especificamente para Obradoiros duais de emprego e nunha das dúas especialidades en concreto. 

Ademáis, contratarase  outro persoal de xestión e apoio: un director, monitores un adminsistrativo.

Para máis información: contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local deste concello, ou chamando ao 982590029 

No hay comentarios: