viernes, 20 de octubre de 2023

BONO TURÍSTICO 2023 (DESCONTOS EN ALOXAMENTOS TURÍSTICOS E AXENCIAS DE VIAXES ADHERIDOS)

PROGRAMA #DESCUBREGALICIAEN OUTONO A TRAVÉS DE BONOS TURÍSTICOS 2023

OBXECTIVO: Incentivar a demanda do sector

BONO TURÍSTICO:

Cada bono terá a consideración de bono descontó por valor de 100€, para gastar nos aloxamentos realizados nos establecementos de aloxamento turístico e axencias de viaxes adheridos, que se irá reducindo, ata o seu esgotamento, en función do valor do gasto, dacordo co seguinte criterio: descontó 40% do gasto realizado hasta un máximo de descontó de 100 euros. Todas as cuantías entendense co IVA incluido.

Os bonos estarán dispoñibles para os usuarios desde as 9:00 horas do día 27 de outubro ata o 15 de decembro de 2023, ou ata esgotamento do crédito. A súa validez extenderase ata o 25 de decembro de 2023, e pode descargarse na seguinte páxina web: https://www.bonoturismo.gal/

 

ALOXAMENTOS TURÍSTICOS E AXENCIAS DE VIAXES QUE QUEIRAN ADHERIRSE A ESTE PROGRAMA: desde hoxe día 20 de outubro  e ata o 1 de decembro de 2023, os establecementos poderán solicitado na web https://www.bonoturismo.gal/

Requisitos para poder adherirse:

-Estar de alta no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas (REAT)

 FUNCIONAMENTO DOS BONOS:

-       Para canxear os bonos e poder aplicar os descontos os establecementos adheridos terán que descargar no seu móvil a APP corespondente, no momento do pago, o terán que introducir nesa APP o importe e concepto da venda, aparecendo automáticamente o importe a cobrar (aplicado xa o desconto ao cliente). Pola sua parte, o usuario deberá mostrar o bono en formato código QR e pagar, en efectivo ou con tarxeta, o importe final do gasto realizado.

OBRIGAS DOS ESTABLECEMENTOS ADHERIDOS:

-          Anunciar no exterior do establecemento a adhesión ao programa.

-          Realizar o desconto directo do bono, sin que  o usuario chegue a desembolsar o importe do desconto.

-          Someterse de ser o caso as actuacións de comprobación e vixilancia necesarias.

-          Conservar durante un ano os tickets de compra e facturas xustificativas da aplicación dos bonos.

-          Custodiar as claves de acceso á plataforma co fin de evitar un uso indebido da mesma.

Máis información: contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local municipal, ou pinchar nos seguintes enlaces: 

https://www.bonoturismo.gal/ 

 https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20231020/AnuncioG0256-171023-0002_es.html

No hay comentarios: