Están expostas as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR, a xornada parcial (85,33%), con adscrición ao servizo municipal de axuda no fogar do Concello do Vicedo, e por un período de seis meses.
O prazo de inscrición é de dez días naturais a contar a partir da publicación das bases de selección.
As probas de selección realizaranse o día 8 de agosto de 2024, ás 9:30 horas, na casa consistorial do Concello do Vicedo.
Para máis información e inscricións pasar pola Casa do Concello, ou pinchando no seguinte enlace: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.3
No hay comentarios:
Publicar un comentario