martes, 23 de julio de 2024

Oferta de emprego: peón de recollida de lixo para cubrir vacacións

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha PEÓN DE RECOLLIDA DE LIXO baixo a modalidade de contrato de traballo de sustitución, para cubrir vacacións e outros permisos, a xornada completa, desde o próximo día 8 de agosto de 2024 e ata o día 2 de outubro de 2024.

O prazo de inscrición comenza o día 24 e finaliza o 31 de xullo de 2024, ambos inclusive, realizándose o proceso de selección o día 2 de agosto de 2024, ás 9:30 horas, no Centro sociocultural, xuvenil e da terceira idade do Vicedo.

Para máis información e inscricións: pasar polo Concello, ou pinchando no seguinte enlace:  https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info

No hay comentarios: