viernes, 4 de julio de 2008

RECORDATORIO AXUDAS PLANES ESTABILIDADE

BENEFICIARIOS: Empresas privadas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, que contraten traballadores por conta allea para prestar servizos en centros de traballo situados na Comunidade Autónoma de Galicia.
ÁMBITO APLICACIÓN
Os incentivos previstos nesta orde serán de aplicación ás contratacións indefinidas, iniciais ou por transformación de contratos temporais, que se realicen no período comprendido entre o 1 de outubro de 2007 e o 30 de setembro de 2008.
As ditas contratacións serán subvencionables cando, no seu conxunto, acaden como mínimo os seguintes resultados:
Un incremento de, como mínimo, 5 puntos da taxa de estabilidade do cadro de persoal da empresa en Galicia respecto da media acadada no período comprendido entre os meses de outubro 2006 a setembro 2007, nos sectores de actividade non vinculados a acordo sectorial.
Incremento do emprego fixo respecto do período de referencia.
Incremento neto do emprego total respecto do período de referencia, no suposto de contratacións indefinidas iniciais.
En ningún caso as contratacións indefinidas realizadas poderán implicar unha diminución da totalidade do cadro de persoal no período de referencia.
ACCIÓNS SUBVENCIONALES
Contratacións indefinidas iniciais realizadas con traballadores desempregados e inscritos como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego.
Transformacións en indefinidos de contratos temporais celebrados con anterioridade á entrada en vigor da orde de convocatoria, calquera que sexa a modalidade obxecto de transformación.
TIPOS DE AXUDA
Os incentivos determinaranse en atención á taxa de estabilidade laboral que se acade como consecuencia das contratacións realizadas no período de referencia, e segundo se trate dunha contratación inicial ou de conversións de contratos temporais en indefinidos.
PRAZO: rematará o 31 de xullo de 2008, debendo estar todas as contratacións realizadas o 30 de setembro.

AXUDAS DA CONSELLERÍA DE TRABALLO A INICIATIVAS LOCAIS DE EMPREGO E INICIATIVAS DE EMPREGO LOCAL

Obxecto:
Fomentar e promover a creación de empresas innovadoras, económica e financeiramente viables, que xeren emprego estable no ámbito local e no medio rural, mediante o financiamento parcial dos custos necesarios para a posta en marcha daqueles proxectos empresariais previamente cualificados como iniciativas locais de emprego (ILE) e inscritos no rexistro administrativo habilitado para o efecto.
Beneficiarios:
Empresas privadas constituídas e que iniciaran a súa actividade, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídos autónomos e sociedades civís e comunidades de bens, que obtiveran a cualificación como iniciativa de emprego, local ou rural, e non transcorrera máis dun ano dende a notificación da resolución de cualificación e cumpran as condicións e requisitos esixidos para cada tipo de axuda.
Tipos de axuda:
• Subvención á creación directa de emprego estable.
• Subvención para a contratación de expertos técnicos de alta cualificación.
• Apoio á función xerencial.
· Subvención financeira.
· Axuda para o inicio e posta en marcha da actividade.
· Actividades vinculadas aos novos viveiros de emprego.
Prazo de solicitudes: con carácter xeral finalizará o 15 de setembro de 2008.

AXUDAS DA CONSELLERÍA DE TRABALLO A INICIATIVAS EMPRENDEDORAS DE EMPREGO

Obxecto:
Xerar emprego estable, especialmente de mozos e mulleres, apoiando e dinamizando o desenvolvemento de novas iniciativas empresariais promovidas por persoas desempregadas con especial atención aos concellos do rural galego..

Beneficiarios:
Empresas privadas calquera que sexa a forma xurídica que adopten, agás as persoas físicas, sociedades civís, comunidades de bens, sociedades cooperativas e sociedades laborais que cumpran as condicións e os requisitos establecidos para cada tipo de axuda e nas que concorran, na data de inicio da actividade, as seguintes circunstancias:
* que sexan empresas de nova creación
* que sexan viables técnica, económica e financeiramente
* que xeren emprego estable para persoas desempregadas
* que teñan o seu domicilio social e fiscal e o seu centro de traballo nun concello de Galicia
* que sexan promovidas, como máximo, por cinco persoas e que entre os socios promotores non figure ningunha persoa xurídica
* que a empresa teña un capital social máximo de 120.202 euros e
* que a maioría do capital social sexa de titularidade de promotores desempregados que creen o seu propio posto de traballo na empresa.

Tipos de axuda:
• Subvención á xeración de emprego estable
• Subvención financeira
• Subvención para asistencia técnica
• Subvención para o inicio da actividade para o financiamento dos primeiros gastos da actividade.
• Subvención para a conciliación da vida profesional e persoal dos promotores.
• Incrementos dos incentivos. As contías máximas das axudas deste programa, incrementaranse nun 20% nos casos de que a empresa teña o seu domicilio social e o centro de traballo nun concello rural.

Prazo: finalizará o 15 de setembro de 2008. Non obstante deberán respectarse os prazos específicos establecidos para cada tipo de axuda:

jueves, 26 de junio de 2008

OFERTA DE EMPREGO

Necesítase persoa para atender kiosco, situado no muelle de O Vicedo. Para máis información contactar con Manuela chamando o 982590195.

lunes, 16 de junio de 2008

OFERTA DE EMPREGO

Está pendente a contratación de 2 animadores socioculturais para o próximo 25 de xuño, a oferta de emprego está presentada na oficina de Viveiro, e a selección realizarase o próximo 23 de xuño entre tódolos candidatos/-as remitidas pola antedita oficina.

OFERTAS DE EMPREGO

Este concello necisita 1 conductor de motobomba, para a temporada de verán 2008. A contratación realizaríase o antes posible ata o 30 de setembro. Si está interesado ou necesita máis información chamar o 982590195 (Manuela).

OFERTAS DE EMPREGO

Están expostas no tablón de anuncios do concello as bases para a contratación laboral, mediante concurso de méritos, de doce peóns, a media xornada, para a limpeza de praias. O prazo de inscrición remata o próximo día 25 de xuño, antes das 11:00 horas.