miércoles, 11 de febrero de 2015

AXUDAS DA CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO




Son subvencionables distinta actuacións realizadas a partir do 1 de xaneiro de 2015 e a data límite de xustificación:

1. Para comerciantes minoristas:

1)Acondicionamento de local comercial, sempre que a superficie resultante non supere os 150 metros cadrados. Non será de aplicación esta limitación de superficie para as actividades encadradas baixo o epígrafe do IAE 653.1 Investimento máximo: 10.000 euros (Ive excluido), e 40% como máximo de porcentaxe de subvención.

2)  Medidas orientadas a mellorar a imaxe exterior e adquisición de moblaxe e equipamento dedicado a actividade e para uso exclusivo da zona de venda. Investimento máximo subvencionable: 5.000 euros. Importe da subvención 40%


3) Ferramentas ou programas informáticos que melloren a xestión do establecemento. Inversión máxima subvencionable: 4.000 euros; IVE excluído, e a porcentaxe da subvención será do 50%

4) Desenvolvemento e implantación de sistemas de empaquetado e etiquetado dirixido a mellora da loxística e comercialización do produto e o deseño da súa presentación. Inversión máxima subvencionable: 5.000 euros; IVE excluído, e a porcentaxe da subvención será do 50%.

5) Novos sistemas de comercialización que combinen  o comercio online e offline. Inversión máxima subvencionable: 6.000 euros; IVE excluído, e a porcentaxe da subvención será do 50%.

6) Novos sistemas de comercialiación e información ao consumidor que impliquen a utilización das redes sociais para a venda. Excluidas accións de publicidade. Inversión máxima subvencionable: 8.000 euros; IVE excluído, e a porcentaxe da subvención será do 50%.



2. Para titulares de obradoiros artesanais.

3. Para as federacións de comerciantes.

4. Para as asociacións profesionais de artesáns.

O prazo de solicitude finaliza o día 11/03/2015.

Para máis información contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local do concello de O Vicedo

martes, 10 de febrero de 2015

APOIO AO SERCTOR AGROGANDEIRO, VITIVINICOLA E PESQUEIRO PROVINCIA DE LUGO 2014



A Excma. Deputación Provincial de Lugo convocou axudas para:
Liña 1: Recuperaicón e incorporación de terras para a posta en producción de recursos agrogandeiros
Ten como finalidade incorporar terras á superficie produtiva. Para poder ser beneficiario será preciso dispor dunha superficie mínima de 1 Ha., e a superficie a incorporar pode ser en concepto de propiedade, aluguer, cesión ou doazón.

Liña 2: Apoio ao sector hortícola:
Inclúe:
-          Insatalación de novos invernadoiros.
-          Reparación e mellora de invernadoiros xa existentes.
-          Sistema de rega e outros equipamentos para o invernadoiro.
Para ser beneficiario desta subvención será preciso que teñan unha superficie mínima de 300 metros cadrados.

Liña 3: Apoio ao sector vitivinícola.

Liña 4: Apoio ao sector pesqueiro.
Inclúe:
-          Investimentos que supoñan unha mellora tecnolóxica na embarcación.
-          Investimentos en materiais e equipamentos que sirvan para mellorar a seguridade da embarcacióne da tripulación de a bordo.
-          Investimentos en útiles, aparellos e materiais complementarios de pesca encamiñados a mellorar a rendibilidade respectando a normativa da pesca de baixura.
Os beneficiarios teñen que comprometerse a ter en funcionamento o ben durante cinco anos.

Fin prazo solicitude: 9 de marzo de 2015.

Para máis información contactar coa Axente de Emprego e Desenvolvemento Local do concello de O Vicedo

viernes, 6 de febrero de 2015

LISTA DEFINITIVA DE ADMITIDOS E EXCLUIDOS SELECCIÓN AXENTE TIC 2015

No enlace que aparece a continuación, no apartado de emprego público do taboleiro de anuncios da sede electrónica do concello, pode verse a resolución da alcaldía pola que se aproba a lista de admitidos e excluídos para a selección do axente TIC, así como a designación do tribunal e a data e hora na que se realizarán as probas.

http://concellodovicedo.sedelectronica.es/legal.0;jsessionid=1i8b63x1gl1pq

A proba de selección realizarase o próximo día 18 de febreiro de 2015, ás 10:30 horas, na Casa da Cultura de O Vicedo, sita na r/Cidade de Mondoñedo, 23.

jueves, 5 de febrero de 2015

OFERTA DE EMPREGO

Necesítase CAMARERO/-A e COCIÑEIRO/-A para Parrillada Los Árboles, praia de Xilloi. O Vicedo

martes, 3 de febrero de 2015

OBRADOIROS DE EMPREGO PARA XOVENES


A Consellería de Traballo e Benestar  convocou unhas axudas para a posta en marcha de OBRADOIROS DE EMPREGO DIRIXIDOS AS PERSOAS MOZAS INCLUIDAS NO FICHEIRO DO SISTEMA NACIONAL DE GARANTÍA XUVENIL
            Neste proxecto mediante o desempeño dun traballo real e remunerado, combinaríase formación con práctica profesional. A duración sería de seis meses.
     Os alumnos-traballadores deberían  cumprir como mínimo os seguintes requisitos:
-          Ter 18 ou máis anos e menos de 25, excepto no caso de persoas con discapacidade maior ou igual o 33%, e estar inscrito no Sistema nacional de garantía xuvenil, para o que se debe de cumprir ademáis:
-          Non haber traballado nos 30 días naturais anteriores ao momento de recibir a actuación.
-          Non ter recibido accións educativas que sumen máis de 40 horas mensuais nos 90 días naturais a recibir a actuación.
-          Non ter recibido accións formativas que sumen máis de 40 horas mensuais nos 30 días naturais anteriores a recibir a actuación.

            A fin de coñecer a demanda real para ver as posibilidades de solicitude e concesión dos mesmos, tódolos interesados deberán estar inscritos no antedito ficheiro ou pasar pola Oficina de información xuvenil, sita na Casa da Cultura, onde se lles informará e axudará a facer os trámites necesarios (si pode ser, deberan traer o DNI electronico activado). Fin prazo para inscribirse: 20 de febreiro de 2015.

No seguinte enlace pode ter mais informacion sobre o ficheiro de garantia xuvenil:

LISTA ADMITIDOS EXCLUIDOS PROVISIONAL AXENTE TIC

No enlace que aparece a continuación, no apartado de emprego público do taboleiro de anuncios da sede electrónica do concello, está publicada a resolución pola que se establece a lista de admitidos e excluídos provisional para participar no proceso de selección do axente TIC:


http://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0;jsessionid=rghmhoo0o6xo

Abrése a partir do día da data un prazo de dous días hábiles para presentar as alegacións que estimen oportunas. Deberá facerse directamente no concello, ou aquelas persoas que envíen a documentación desde outro rexistro deberán adelantala no prazo indicado (2 días hábiles) enviandoa por fax o número 982590001