miércoles, 30 de junio de 2021

Oferta de emprego de 3 peóns forestais. Programa APROL RURAL

A Consellería de Emprego e Igualdade concedeu unha axuda ao Concello do Vicedo para a contratación de 3 PEÓNS FORESTAIS, para o mantemento de zonas naturais, a xornada completa e durante 9 meses, para empezar a máis tardar o 30 de xullo de 2021, ao abeiro da Orde do 12 de abril de 2021 pola que se establecen as bases que regulan as axudas e subvencións para o fomento do emprego no medio rural (Aprol rural) para o ano 2021.


Para poder optar a estos postos de traballo hai que estar desempregados, non ocupados e dispoñible para o emprego, e inscritos no servizo público de emprego (oficina de Viveiro), tanto no momento da selección como no da contratación.

Máis información: contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local municipal ou pinchar no seguinte enlace para consultar as bases: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/board

Bases axudas a traballadores autónomos/-as e microempresas para facer fronte aos efectos derivados da COVID-19 convocadas polo Concello do Vicedo

FINALIDADE: facilitar medios ás microempresas e persoas traballadoras por conta propia ou autónomas que desenvolvan a súa actividade no ámbito territorial do Concello do Vicedo, para facer fronte ás consecuencias derivadas da crise motivada pola COVID-19, no ano 2020, e contribuír á súa recuperación e viabilidade no novo contexto socioeconómico.

TIPOLOXÍA E CUANTÍA DAS AXUDAS: hai dúas modalidades de axuda, incompatibles entre sí, no caso de ter dereito as dúas, deberán elexir unha delas.

Axudas Tipo I: autónomos e microempresas cuxa actividade se vise afectada por algún dos peches de establecementos dispostos nas correspondentes normativas ao longo do ano 2020  no RD 463/2020, de 14 de marzo, modificado polo RD 465/2020, de 17 de marzo, e sucesivos.

Contía da axuda: ata 1.000 euros.  No caso de actividades de tempada percibirán unha axuda proporcional aos meses de apertura.

Axudas Tipo II: autónomos e microempresas cuxa actividade se vise afectada de xeito parcial por ter reducido a súa facturación en alomenos un 50 % respecto do promedio facturado no ano anterior á declaración do estado de alarma mediante o RD 463/2020, de 14 de marzo.

A baixada da facturación calcularase de forma xeral comparando os datos de facturación anual de 2020 cos de 2019.

Contía da axuda: ata 1.000,00 euros. No caso de actividades de tempada percibirán unha axuda proporcional aos meses de apertura.

REQUISITOS DOS BENEFICIARIOS/-AS:

Con carácter xeral, os beneficiarios/-as das axudas, deberán cumprir os seguintes requisitos:

- Contar cun establecemento permanente directamente afecto á actividade no Concello do Vicedo, ou ter o domicilio fiscal no Concello do Vicedo e non dispoñer de local en ningún outro concello distinto do Concello do Vicedo.

- Non atoparse incursos/-as en ningunha das circunstancias recollidas no artigo 13.2 e 13.3 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeral de Subvencións.

- Estar ao corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias coa AEAT, coa CCAA de Galicia, coa Tesorería Xeral da Seguridade Social e co concello do Vicedo. No caso de que o solicitante tivese concedido un aprazamento ou fraccionamento no pago de débedas coa AEAT, a ATRIGA ou a Seguridade Social, e o Concello do Vicedo, deberase presentar a resolución de concesión do mesmo xunto co último certificado de carecer de débedas posterior á concesión do dito aprazamento.

- Para as axudas tipo I: persoas traballadoras autónomas de alta no réxime especial de traballadores autónomos (RETA), nos réximes especiais agrarios ou do Mar ou microempresas,  cuia actividade se vise afectada por algún dos peches establecidos na correspondente normativa, RD 463/2020, de 14 de marzo, e sucesivos.

- Para as axudas de tipo II: persoas traballadoras autónomas de alta no réxime especial de traballadores autónomos (RETA), nos réximes especiais agrarios ou do Mar ou microempresas constituidas, e con actividade anterior ao 14 de marzo de 2020, data na que entra en vigor o RD463/2020, de 14 de marzo, por el que se declara el estado de alarma.

- Cumprir coas obrigas establecidas nas bases.

 PRAZO DE SOLICITUDE: do 1 ao 30 de xullo de 2021.

MÁIS INFORMACIÓN: contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local do  Concello do Vicedo, ou pinchar no seguinte enlace https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0 (en caso de non poder visualizar as bases pinchar no + que hai na parte dereita do apartado taboleiro de anuncios)

viernes, 25 de junio de 2021

ABERTO O PRAZO PARA A PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES PARA A SELECCIÓN DE DOUS/DÚAS TECNICOS/-AS EN EDUCACIÓN INFANTIL

No BOP de Lugo de día 25/06/2021 publícase o anuncio da convocatoria para a selección de DOUS/DÚAS TÉCNICOS/AS DE EDUCACIÓN INFANTIL, e o prazo de solicitude son 10 días naturais a partir do día seguinte o da publicación do antedito anuncio no boletín.

As bases de selección están expostas no taboleiro de anuncios do concello, así como na sede electrónica, e pode consultarse pinchando no seguinte enlacehttps://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.  ( Ir a taboleiro de anuncios, pinchar no + que está a dereita para ver todas as publicacións)

jueves, 24 de junio de 2021

Oferta emprego camarero/-a

Se necesita camarero/-a para trabajar por las tardes en Cafetería Galatea de O Vicedo. Interesados/-as pasar en horario de mañana por el propio bar.

miércoles, 23 de junio de 2021

Ampliación do prazo de solicitude para que os/-as veciños/-as podan solicitar o BONO IMPULDO, da Excma. Deputación Provincial de Lugo

 Ampliado o prazo ata o 15 de xullo de 2021 ou ata o fin dos bonos, para que a veciñanza interesada solicite o seu Bono Impulso, que deberá gastar nos locais adheridos do concello no que resida. Cada bono deberá gastarse nun único establecemento.


A institución provincial repartirá 17.000 bonos nominativos de 30€ á cidadanía (ó concello do Vicedo correspóndelle 84 bonos), que terán “efecto multiplicador nos negocios, pois para poder usalos haberá que realizar unha compra ou unha consumición mínima de 60€”.

Cada consumidor poderá solicitar un bono como máximo, podendo chegar a outorgárselle un segundo bono en caso de excendentes.

A modo de exemplo: se unha persoa vai a unha florería e realizar un gasto de 65 euros, debe pagar 35 euros ao establecemento no momento da compra e os 30 euros restantes serán aboados ao establecemento por parte da Deputación de Lugo cando presente a documentación xustificativa.

Os gastos serán realizados desde o día seguinte á publicación dos consumidores no BOP e páxina web da Deputación e ata o 31 de  agosto de 2021, coa excepción dos bonos procedentes do sorteo que se habilitará un período adicional de 15 días hábiles.

Máis información e inscricións: http://www.deputacionlugo.gal/gl/temas/emprego/bonoimpulso

martes, 22 de junio de 2021

Oferta de emprego de mozo de almacén

Necesitan mozo del almacén para recepcionar mercancía, que sepa andar en carretilla e teña carné C. Interesados enviar currículum vitae a: zalo6969@hotmail.com