miércoles, 23 de junio de 2021

Ampliación do prazo de solicitude para que os/-as veciños/-as podan solicitar o BONO IMPULDO, da Excma. Deputación Provincial de Lugo

 Ampliado o prazo ata o 15 de xullo de 2021 ou ata o fin dos bonos, para que a veciñanza interesada solicite o seu Bono Impulso, que deberá gastar nos locais adheridos do concello no que resida. Cada bono deberá gastarse nun único establecemento.


A institución provincial repartirá 17.000 bonos nominativos de 30€ á cidadanía (ó concello do Vicedo correspóndelle 84 bonos), que terán “efecto multiplicador nos negocios, pois para poder usalos haberá que realizar unha compra ou unha consumición mínima de 60€”.

Cada consumidor poderá solicitar un bono como máximo, podendo chegar a outorgárselle un segundo bono en caso de excendentes.

A modo de exemplo: se unha persoa vai a unha florería e realizar un gasto de 65 euros, debe pagar 35 euros ao establecemento no momento da compra e os 30 euros restantes serán aboados ao establecemento por parte da Deputación de Lugo cando presente a documentación xustificativa.

Os gastos serán realizados desde o día seguinte á publicación dos consumidores no BOP e páxina web da Deputación e ata o 31 de  agosto de 2021, coa excepción dos bonos procedentes do sorteo que se habilitará un período adicional de 15 días hábiles.

Máis información e inscricións: http://www.deputacionlugo.gal/gl/temas/emprego/bonoimpulso

No hay comentarios: