FINALIDADE: facilitar medios ás microempresas e persoas traballadoras por conta propia ou autónomas que desenvolvan a súa actividade no ámbito territorial do Concello do Vicedo, para facer fronte ás consecuencias derivadas da crise motivada pola COVID-19, no ano 2020, e contribuír á súa recuperación e viabilidade no novo contexto socioeconómico.
TIPOLOXÍA E
CUANTÍA DAS AXUDAS: hai dúas modalidades de axuda, incompatibles entre sí, no caso de
ter dereito as dúas, deberán elexir unha delas.
Axudas Tipo I: autónomos e microempresas cuxa
actividade se vise afectada por algún dos peches de establecementos dispostos
nas correspondentes normativas ao longo do ano 2020 no RD 463/2020, de 14 de marzo, modificado
polo RD 465/2020, de 17 de marzo, e sucesivos.
Contía da axuda: ata 1.000 euros. No caso de actividades de tempada percibirán
unha axuda proporcional aos meses de apertura.
Axudas Tipo II: autónomos e microempresas cuxa
actividade se vise afectada de xeito parcial por ter reducido a súa facturación
en alomenos un 50 % respecto do promedio facturado no ano anterior á
declaración do estado de alarma mediante o RD 463/2020, de 14 de marzo.
A baixada da facturación calcularase de forma xeral
comparando os datos de facturación anual de 2020 cos de 2019.
Contía da axuda: ata 1.000,00 euros. No caso de
actividades de tempada percibirán unha axuda proporcional aos meses de
apertura.
REQUISITOS
DOS BENEFICIARIOS/-AS:
Con carácter xeral, os beneficiarios/-as das
axudas, deberán cumprir os seguintes requisitos:
- Contar cun establecemento permanente
directamente afecto á actividade no Concello do Vicedo, ou ter o domicilio
fiscal no Concello do Vicedo e non dispoñer de local en ningún outro concello
distinto do Concello do Vicedo.
- Non atoparse incursos/-as en ningunha
das circunstancias recollidas no artigo 13.2 e 13.3 da Lei 38/2003, do 17 de
novembro, Xeral de Subvencións.
- Estar ao corrente no cumprimento das súas
obrigas tributarias coa AEAT, coa CCAA de Galicia, coa Tesorería Xeral da
Seguridade Social e co concello do Vicedo. No caso de que o solicitante tivese
concedido un aprazamento ou fraccionamento no pago de débedas coa AEAT, a
ATRIGA ou a Seguridade Social, e o Concello do Vicedo, deberase presentar a
resolución de concesión do mesmo xunto co último certificado de carecer de
débedas posterior á concesión do dito aprazamento.
- Para as axudas tipo I: persoas
traballadoras autónomas de alta no réxime especial de traballadores autónomos
(RETA), nos réximes especiais agrarios ou do Mar ou microempresas, cuia actividade se vise afectada por algún
dos peches establecidos na correspondente normativa, RD 463/2020, de 14 de
marzo, e sucesivos.
- Para as axudas de tipo II: persoas
traballadoras autónomas de alta no réxime especial de traballadores autónomos
(RETA), nos réximes especiais agrarios ou do Mar ou microempresas constituidas,
e con actividade anterior ao 14 de marzo de 2020, data na que entra en vigor o
RD463/2020, de 14 de marzo, por el que se declara el estado de alarma.
- Cumprir
coas obrigas establecidas nas bases.
MÁIS INFORMACIÓN: contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local do Concello do Vicedo, ou pinchar no seguinte enlace https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0 (en caso de non poder visualizar as bases pinchar no + que hai na parte dereita do apartado taboleiro de anuncios)
No hay comentarios:
Publicar un comentario