lunes, 31 de julio de 2023

Ampliación prazo solicitude oferta de emprego: peón recollida de lixo para cubrir vacacións.

Non habéndose presentado ningún candidato/-a no prazo estipulado, acórdase prorrogar as bases e ampliar o prazo de inscrición ós días 31 de xullo e 1 de agosto de 2023.

Para máis información e inscricións: pasar pola oficina da axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura, ou pinchando no seguinte enlace:  https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info (apartado: taboleiro de anuncios, pinchar no + para ver toda a información) 

viernes, 28 de julio de 2023

Oferta de empleo para participar en un rodaje los días 3, 4 y 5 de agosto

Productora necesita personal para los días 3, 4 y 5 de Agosto.

Van a rodar en la Playa de Vilela una serie de escenas y necesitan personal para ayudar tanto al departamento de arte como de producción, el personal, los horarios y las funciones que solicitan son las siguientes:

PEONES ARTE: Para ayudar al departamento de arte para montaje, desmontaje, atrezzo, decorados, etc

Jueves 3 agosto
2 peones: 17:00 a 21:00. La hora está pendiente de confirmar.

Viernes 4 de agosto
4 peones: 7:30 a 19:30.

Sábado 5 de agosto
4 peones: 7:30 a 20:30.

PEONES PRODUCCIÓN: Es para cortes de trafico durante el rodaje, consiste en que los situan en diferentes cortes de calles con un pinganillo o walkie talkie y los van avisando cuando empiezan a rodar para que en ese momento si pasa alguien le pidan que paren y cuando dejen de rodar la escena que se reanude todo de nuevo.

Viernes 4 de agosto
2 peones: 8:00 a 20:00 con coche.

Sábado 5 de agosto
2 peones: 8:00 a 20:00 con coche.

CONTROL DE ESPACIOS: Consiste en que la productora tendrá unas zonas reservadas en esas ubicaciones y necesitan tener personal allí para que estar controlando que la no se aparque en esas zonas reservadas.

Jueves 3 de agosto
1 persona en Base Camp: 19:00 a 08:00 del viernes.
1 persona en Playa: 19:00 a 8:00 del viernes.

Viernes 4 de agosto
1 persona en Base Camp: 21:00 a 08:00 del sábado.
1 persona en Playa: 19:30 a 08:00 del sábado.

Sábado 5 de agosto
1 persona en Base Camp: 21:00 a 08:00 del domingo.


La persona de contacto es Catuxa Caamaño, teléfono de contacto 663737222 en horario de 9 a 14 y de 15 a 17 y el correo catuxa.caamano@faster.es

miércoles, 26 de julio de 2023

Oferta de emprego: auxiliar de axuda no fogar a xornada completa

Están expostas as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha  AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR, a xornada completa, con adscrición ao servizo municipal de axuda no fogar do Concello do Vicedo, e por un período de seis meses.

O prazo de inscrición comenza o día 27 de xullo de 2023 e remata o día 03 de agosto de 2023. As probas de selección realizaranse o día 4 de agosto de 2023, ás 10:00 horas, na casa consistorial do Concello do Vicedo.

Para máis información e inscricións pasar pola Casa do Concello, ou pinchando no seguinte enlace: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/board 

Oferta de emprego: auxiliar de axuda no fogar a xornada parcial

Están expostas as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha  AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR, a xornada parcial (85,33%), con adscrición ao servizo municipal de axuda no fogar do Concello do Vicedo, e por un período de seis meses.

O prazo de inscrición comenza o día 27 de xullo de 2023 e remata o día 03 de agosto de 2023. As probas de selección realizaranse o día 4 de agosto de 2023, ás 10:15 horas, na casa consistorial do Concello do Vicedo.

Para máis información e inscricións pasar pola Casa do Concello, ou pinchando no seguinte enlace: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/board 

lunes, 24 de julio de 2023

Resolucións formalización contratos de traballo, como persoal laboral fixo, para distintas prazas de auxiliar de axuda a domicilio, convocadas tanto polo sistema de concurso como concurso-oposición, dentro dos procesos de estabilización

Publicadas no BOP de Lugo de hoxe día 24 de xullo de 2023,  as resolucións para a formalización de contrato de traballo, como persoal laboral fixo,  de tódalas prazas de auxiliar de axuda a domicilio, convocadas tanto polo sistema de concurso como polo de concurso-oposición nos procesos de estabilización do emprego temporal do Concello do Vicedo para o ano 2022. Pode consultarse: no BOP de Lugo,  no taboleiro de anuncios do Concello do Vicedo e no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello do Vicedo no seguinte enlace:  https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0 , https://www.deputacionlugo.gal/boletin-oficial-da-provincia-de-lugo/ultimo-bop


jueves, 20 de julio de 2023

BONOS TALENTO EMPRESA (DOG20/07/2023)

 

ORDE do 3 de xullo de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas Bonos Talento empresa, para a realización de proxectos formativos de curta duración que desenvolvan as entidades beneficiarias, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para as anualidades 2023-2024 (código de procedemento TR302D).

 

·PROCEDEMENTO: concorrencia non competitiva.

·OBXETO:formación non formal mediante a realización de proxectos formativos de curta duración que teñan como obxectivo mellorar as capacidades das empresas e contribuír ao desenvolvemento profesional dos seus cadros de persoal.

As accións formativas estarán orientadas á adquisición de competencias comprendidas entre os ámbitos de capacitación prioritarios:

a) As competencias dixitais, desde a dixitalización básica ata a adquisición de competencias e coñecementos técnicos avanzados, a adquisición de coñecementos de tecnoloxías innovadoras ou disruptivas, etc.

b) As competencias das persoas traballadoras en procesos industriais.

c) As competencias vinculadas á xestión empresarial.

d) As competencias de prestación de servizos a clientes.

e) As competencias do ámbito asistencial.

O período de realización das accións formativas subvencionables comprenderá desde o día seguinte ao da publicación desta orde ata o 30 de novembro de 2023, para aquelas accións formativas que se desenvolvan exclusivamente no ano 2023. Para as accións formativas que se desenvolvan entre 2023 e 2024, ou exclusivamente en 2024, a data límite para o remate das accións formativas será o 30 de setembro de 2024.

·BENEFICIARIOS:

-      As microempresas e pequenas empresas, así como as entidades do terceiro sector da acción social, validamente constituídas e con actividade ininterrompida, cando menos, desde tres anos antes da data de publicación desta convocatoria, con centro de traballo en Galicia, onde deberán desenvolver a actividade para a cal solicitan a subvención.

-     As persoas traballadoras autónomas que teñan contratadas ao seu cargo persoas traballadoras por conta allea, con centro de traballo en Galicia e cunha antigüidade como cotizante igual ou superior a tres anos ininterrompidosinmediantamente anteriores á data de publicación desta convocatoria.

·AXUDAS: contía máxima de 25.000 euros por entidade solicitante (limitada ao 70% do gasto subvencionable).

·SOLICITUDE:

-      Presentarse obrigatoriamente por medios electrónicos, a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

-      O prazo iníciase o 21/07/2023 e remata o 29/09/2023, ou ata que se produza o esgotamento do crédito asignado a esta convocatoria.

Para máis información pinche no seguinte enlace https://www.xunta.gal/dog ou diríxase á Axente de emprego e desenvolvemento local do concello.

martes, 18 de julio de 2023

SUBVENCIÓNS EMPRENDEMENTO PLUS 2023-2024 (DOGA 17/07/2023)

 

Orde do 13 de xullo de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións EmprendementoPlus para apoiar o investimento e a creación de emprego co obxectivo de fortalecer e consolidar iniciativas de emprendemento de persoas autónomas e pemes, susceptibles de seren cofinanciadas no marco do programa Galicia Feder 2021-2027 (apoio ao investimento) e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva para as anualidades 2023-2024 (código de procedemento TR880B).

 

·PROCEDEMENTO: concorrencia competitiva.

·OBXETO:subvencións para iniciativas de emprendemento de persoas traballadoras autónomas e pequenas e medianas empresas, que na data de presentación de solicitude de axuda non teñan máis de 42 meses de antigüidade desde a data de constitución ou alta, así como a data de inicio da súa actividade económica, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, a través de dous programas:

 

a) Programa I. EmprendementoPlus Investimento: apoiar a continuidade e a consolidación de iniciativas de emprendemento de persoas autónomas e pemes que teñan unha antigüidade máxima de 42 meses, mediante o apoio de investimentos realizados nas iniciativas obxecto da axuda, tal e como se describe no artigo 25 da convocatoria.

 

b) Programa II. EmprendementoPlus Emprego: o fomento e a consolidación do emprego por parte de autónomos e pequenas empresas de nova creación (máx. 42 meses) para promover a contratación de persoas desempregadas; coa finalidade de xerar emprego estable mediante unhas liñas de incentivos á contratación por conta allea, cuxas particularidades se recollen no artigo 27, e que inclúe dúas modalidades de axudas:

 

- Incentivos á contratación indefinida inicial de persoas desempregadas.

 

- Incentivos á contratación de fixos descontinuos, para contratos de duración dun mínimo de 9 meses e a xornada completa.

 

Os programas son compatibles, pero para optar ao programa II será necesario solicitar o programa I.

 

·AXUDAS:

-      Programa I. EmprendementoPlus Investimento: investimento mínimo admisible de 10.000 euros.

 

Rango de investimento                                                 %De investimento subvencionable

% De investimento subvencionable

Entre 10.000€ e 30.000 €

60 %

Entre 30.001€ e 50.000 €

55 %

Entre 50.001€ e 100.000 €

50%

Entre 100.001€ e 200.000 €

45%

 

-      Programa II. EmprendementoPlus Emprego:

* As contratacións indefinidas inicias de persoas desempregadas: 6.000 euros.

* As contratacións de fixos discontinuos, para contratos de duración mínima de 9 meses de xornada completa: 6.000 euros.

 

·BENEFICIARIOS:

-     Todas as persoas traballadoras autónomas, as sociedades mercantís, as sociedades cooperativas e laborais, empresas de inserción, centros especiais de emprego e entidades sen personalidade xurídica que cumpran a condición de PEME.

REQUISITOS:

1/ Que se constitúan ou dean de alta con 42 meses de antigüidade como máximo ata a data de presentación da solicitude.

2/ Que iniciasen a súa actividade económica con 42 meses de antigüidade como máximo ata a data de presentación da solicitude.

(Mais requisitos artigo 5).

 

·SOLICITUDE:

-      Presentarse obrigatoriamente por medios electrónicos, a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

-      O prazo iníciase o 18/07/2023 e remata o 17/08/2023.

Para máis información pinche no seguinte enlace https://www.xunta.gal/dog ou diríxase á Axente de emprego e desenvolvemento local do concello.