A Consellería de Traballo e Benestar subvenciona un obradoiro de emprego denominado "RÍO SOR II" e promovido conxuntamente polos concellos de O Vicedo, Ourol e Muras, para 20 alumnos/-as traballadores nas especialidades de:
- Pintor.
- Atención sociosanitaria a persoas no domicilio.
Ás persoas seleccionadas faiselles un contrato de formación cunha duración de seis meses.
Os interesados deben estar desempregados e inscritos na oficina de emprego de Viveiro.
A parte dos alumnos/-as traballadores e como persoal de funcionamento do obradoiro contratarase:
-1 Director.
- 2 Monitores de pintura.
- 1 Monitor de atención sociosanitaria a persoas no domicilio.
- 1 Administrador a media xornada.
A selección deste persoal tamén se realizará previa oferta de emprego na oficina de Viveiro.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario