martes, 12 de enero de 2016

CONVOCATORIA PROCEDEMENTO RECOÑECEMENTO DA EXPERIENCIA PROFESIONAL PARA VARIAS ESPECIALIDADES


REQUISITOS PARA PODER PARTICIPAR:

  • Nacionalidade española, residente comunitario ou autorización de residencia
  • 18 anos cumpridos, nas unidades de competencia de cualificacións de nivel I, e 20 anos para o nivel II e III. Para as convocatorias que se realicen durante os anos 2009 e 2010, para a avaliación de unidades de competencia correspondentes a cualificacións de nivel II, se poderán presentar as personas que teñan 19 anos cumpridos no momento de realizar a inscrición.
  • Experiencia laboral e/ou formación relacionada coas competencias que se queren acreditar:
    • Experiencia laboral:
      • Para Unidades de competencia de nivel II e III, 3 anos, cun mínimo de 2.000 horas traballadas nos últimos 10 anos.
      • Para unidades de competencia de nivel I, 2 anos de experiencia laboral e mínimo de 1.200 horas.
    • Formación:
      • nivel II e III, mínimo 300 horas nos últimos 10 anos.
      • Para de nivel I, mínimo 200 horas nos últimos dez anos.
      • Por unidades de competencia: a duración establecida no módulo formativo asociado a unidade de competencia

PRAZOS DE INSCRICIÓN

1º PRAZO: do 12/1/2016 ó 10/02/2016 (ambos incluidos) para as seguintes cualificacións:
  • Atención sociosanitaria a persoas no domicilio
  • Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais
  • Servizos para o control de pragas
  • Xestión de servizos para o control de organismos nocivos
  • Socorrismo en espazos acuáticos naturais
  • Socorrismo en instalacións acuáticas
  • Confeccion e mantemento de artes e aparellos

2º PRAZO
: do 12/4/2016 ó 11/05/2016 (ambos incluidos) para as seguintes cualificacións:
  • Aproveitamentos forestais
  • Tanatopraxia
Máis información:
http://traballo.xunta.es/portada-reconecemento-experiencia-profesional

ou contactanto coa Axente de emprego e desenvolvemento local do concello de O Vicedo.

No hay comentarios: