No Boletín
oficial da provincia de Lugo do día de hoxe, 20/01/2016, publicouse
o anuncio da convocatoria para a selección, mediante concurso-oposición, dun AXENTE TIC,
a media xornada, como persoal laboral temporal do concello de O Vicedo, e
encargado da aula CEMIT.
Poden
consultar as bases e descargar a instancia de solicitude no seguinte enlace:
http://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.3 (pinchar en emprego público, apartado taboleiro de anuncios).
Según aparece nas bases de selección a documentación que debe acompañar a instancia de solicitude é:
http://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.3 (pinchar en emprego público, apartado taboleiro de anuncios).
Según aparece nas bases de selección a documentación que debe acompañar a instancia de solicitude é:
- Copia
compulsada do DNI.
- Copia compulsada
da titulación esixida: estar en posesión dalgunha titulación de Técnico superior ou FPII da rama informática
- Copia
compulsada da acreditación de estar en posesión do CELGA 4 ou curso de
perfeccionamento do galego.
-
Acreditación dos méritos en caso de existir, en orixinal ou copia
compulsada, de: vida laboral máis contratos de traballo, diplomas dos cursos
relacionados co posto e outras titulacións relacionadas co posto de
traballo.
Si a
documentación se presenta directamente no Concello, deben traer os orixinais e
xa se lles fan aquí as copias compulsadas.
Si presentan
a solicitude noutro rexistro distinto o do propio Concello, ademáis de todo o
anterior, deben de enviar por fax ao 982590001, dentro do prazo
estipulado, unha copia da solicitude correctamente presentada e datada, según o
estipulado nas bases.
O prazo
de solicitude é de 10 días naturais a contar desde o día seguinte o da
publicación no Boletín oficial da provincia, finaliza o próximo día 30 de xaneiro de 2016. Como o prazo remata en sábado e as oficinas municipais permanecen cerradas ese día, admitiranse en prazo as solicitudes presentadas o 1 de febreiro de 2016
No hay comentarios:
Publicar un comentario