jueves, 28 de enero de 2016

PROBAS POR LIBRE PARA OBTER O GRADUADO ESO

Onte publicouse no DOG a Resolución que convoca as probas libres para a obtención do título de graduado en educación secundaria para maiores de dezaoito anos. Os exames serán o 27 de maio e o 08 setembro de 2016, e os períodos de inscríción para cada unha das convocatorias serán: do 07 ao  18 de marzo de 2016, e do 1 ao 8 de xullo de 2016, respectivamente.


Requisitos para poder participar:
- Ter cumpridos os dezaoito anos o día anterior á data de realización da proba.
- Non estaren en posesión do título de graduado en educación secundaria ou de calquera outro declarado equivalente.
- Non estaren inscritas para a superación das materias de 4º curso de educación secundaria obrigatoria.
- Non estaren matriculados de forma oficial nas ensinanzas de educación secundaria ordinaria, na educación secundaria para persoas adultas (estos poderan pero so en alguns casos) ou no segundo curso dun programa de cualificación profesional inicial.
O alumnado de educación secundaria para persoas adultas poderá participar nas probas se presenta a renuncia ao dereito a ser avaliado pola matrícula oficial ante a dirección do centro no que está matriculado.

Pode atopar toda a información relacionada coa proba na seguinte ligazón: http://www.edu.xunta.es/web/node/1238

No hay comentarios: