SUBVENCIÓNS PARA A MELLORA DA IMAXE, MODERNIZACIÓN,
ESTABLECEMENTO DE NOVAS FÓRMULAS E MEDIOS DE COMERCIALIZACIÓN DO SECTOR DO COMERCIO MINORISTA. 2016
¿QUEN PODE SOLICITAR?
Comerciantes
minoristas que:
a) Que desenvolvan a súa actividade comercial en Galicia
e, así mesmo, o seu domicilio social e fiscal radique na dita comunidade
autónoma.
b) Que, tendo a condición de peme conforme os requisitos
establecidos pola Comisión Europea na súa Recomendación 2003/361/CE, do 6 de
maio de 2003 (DOUE nº 124, do 20 de maio, p. 36), empreguen menos de dez (10)
traballadores e non teñan a consideración de grande establecemento comercial
segundo a normativa aplicable.
c) Estar dado de alta nalgunha das epígrafes do IAE que
se relacionan no anexo II.
¿QUE SE SUBVENCIONA E CANTO?
Considéranse actuacións
subvencionables sempre que estas sexan realizadas e efectivamente pagadas desde
o 1 de xaneiro de 2016 ata a data límite de xustificación, 10 de outubro de 2015,
a adquisición de:
Para comercios retallistas:
1) Acondicionamento do local
comercial, sempre que a superficie resultante non supere os 150 m². Non será de
aplicación esta limitación de superficie para as actividades encadradas baixo a
epígrafe do IAE 653.1. Esta actuación será subvencionable na superficie
comercial dedicada á venda.
Para estas actuacións o investimento máximo subvencionable será de 10.000,00 euros, IVE excluído, e a porcentaxe de subvención do 40 %.
Para estas actuacións o investimento máximo subvencionable será de 10.000,00 euros, IVE excluído, e a porcentaxe de subvención do 40 %.
2) Medidas orientadas á mellora da
imaxe exterior e adquisición de moblaxe e equipamento dedicado ao
desenvolvemento da actividade comercial e para uso exclusivo na superficie de
venda.
Para estas actuacións o investimento
máximo subvencionable será de 5.000,00 euros, IVE excluído, e a porcentaxe de
subvención do 40 %.
Para obradoiros artesanais:
1)
Sistemas de
etiquetas intelixentes.
Para estas actuacións o investimento
máximo subvencionable será de 6.000,00 euros, IVE excluído, e a porcentaxe de
subvención do 50 %.
Para os comercios retallistas e os
obradoiros artesanais:
3) Ferramentas ou programas informáticos que melloren a xestión do
establecemento. Inversión máxima subvencionable: 4.000 euros; IVE excluído, e a
porcentaxe da subvención será do 50%
4) Desenvolvemento e implantación de sistemas de empaquetado e etiquetado
dirixido a mellora da loxística e comercialización do produto e o deseño da súa
presentación. Inversión máxima subvencionable: 5.000 euros; IVE excluído, e a
porcentaxe da subvención será do 50%.
5) Novos sistemas de comercialización que combinen o comercio online e offline. Inversión máxima
subvencionable: 6.000 euros; IVE excluído, e a porcentaxe da subvención será do
50%.
6) Novos sistemas de comercialiación e información ao consumidor que
impliquen a utilización das redes sociais para a venda. Excluidas accións de
publicidade. Inversión máxima subvencionable: 8.000 euros; IVE excluído, e a
porcentaxe da subvención será do 50%
7) Páxinas web comerciais. . Inversión máxima subvencionable: 1.000
euros; IVE excluído, e a porcentaxe da subvención será do 50%.
Só se poderá solicitar unha actuación por cada epígrafe, sendo o importe
máximo subvencionable por tódalas actuacións 39.000 euros, IVE excluido, para
comercios retallistas e 30.000 para obradoiros artesanais
INICIO PRAZO SOLICITUDE: 18 de xaneiro de 2016.
FIN PRAZO SOLICITUDE: 18 de febreiro de 2016.
No hay comentarios:
Publicar un comentario