Beneficiarios:
1º) As persoas traballadoras autónomas ou as persoas profesionais pola
primeira contratación que realicen con carácter indefinido durante o seu
primeiro ano de actividade.
2º) Poderán ser beneficiarias das axudas previstas nesta orde as persoas traballadoras autónomas ou as persoas profesionais pola segunda e terceira contratación que realicen con carácter indefinido nos tres primeiros anos de actividade.

Requisitos:
1. Os incentivos previstos nesta orde serán de aplicación ás contratacións
indefinidas iniciais que sexan realizadas polas persoas traballadoras autónomas
ou persoas profesionais con persoas traballadoras desempregadas para prestar
servizos en centros de traballo situados na Comunidade Autónoma de Galicia.
2. A primeira contratación indefinida
inicial pola que se solicite subvención deberá formalizarse durante o primeiro
ano de actividade. A segunda e terceira contratación indefinida deberán
formalizarse ata o terceiro ano de actividade.
3. Será subvencionable a primeira
contratación indefinida inicial, cando na data na que se formalice o contrato
polo que se solicita a subvención, non houbese outra persoa traballadora
contratada cunha relación laboral indefinida nin se contratase con carácter
indefinido, con anterioridade, a outra persoa traballadora agás que este
contrato indefinido se extinguise por dimisión, morte, xubilación, incapacidade
permanente total, absoluta ou grande invalidez da persoa traballadora ou por
resolución durante o período de proba.
4. Serán subvencionables a segunda e a terceira contratación indefinida inicial sempre que, con anterioridade á formalización destes contratos, non se realizasen dúas o máis contratacións indefinidas agás que estes contratos indefinidos anteriores se extinguisen por dimisión, morte, xubilación, incapacidade permanente total, absoluta ou grande invalidez da persoa traballadora ou por resolución durante o período de proba.
5. O contrato indefinido inicial para que poida ser obxecto de subvención deberá formalizarse e comunicarse á oficina pública de emprego na forma regulamentariamente establecida.
Non poderán ser beneficiarias nin as sociedades civís nin as comunidades de
bens, así como as persoas socias ou comuneiras que as integran, nin autónomos
colaboradores
Contías
As
contratacións indefinidas iniciais incentivaranse cunha axuda de:
Primeira persoa traballadora indefinida:
a)
4.000 € cando se trate dun home desempregado.
b) 5.000 € cando se trate dun home desempregado de 45 ou máis anos de idade que sexa parado de longa duración.
b) 5.000 € cando se trate dun home desempregado de 45 ou máis anos de idade que sexa parado de longa duración.
c)
5.000 € cando se trate dunha muller desempregada.
d) 6.000 € cando se trate dunha dunha muller desempregada de 45 ou mais anos de idade que sexa parada de longa duración.
d) 6.000 € cando se trate dunha dunha muller desempregada de 45 ou mais anos de idade que sexa parada de longa duración.
Segunda e terceira persoa traballadora indefinida:
a)
5.000 € cando se trate dun home desempregado.
b) 6.000 € cando se trate dun home desempregado de 45 ou máis anos de idade que sexa parado de longa duración.
b) 6.000 € cando se trate dun home desempregado de 45 ou máis anos de idade que sexa parado de longa duración.
c)
6.000 € cando se trate dunha muller desempregada.
d) 7.000 € cando se trata dunha dunha muller desempregada de 45 ou máis anos de idade que sexa parada de longa duración.
d) 7.000 € cando se trata dunha dunha muller desempregada de 45 ou máis anos de idade que sexa parada de longa duración.
Cando
se trate de contratacións indefinidas cunha xornada a tempo parcial as contías
dos incentivos serán proporcionais ao tempo efectivo de traballo en función da
xornada a tempo completo establecida no convenio colectivo de aplicación ou, no
seu defecto, da xornada ordinaria máxima legal.
Prazo solicitude:
- As solicitudes de axudas polas contratacións subvencionables realizadas entre o 1 de outubro de 2015 e a data da publicación (30/12/2015) desta orde, poderán presentarse no prazo dous meses contado desde a data de publicación desta orde (ata o 28 de febreiro de 2016).
- No resto dous casos, o último día do seguindo mes seguinte o da contratación, en todo caso antes do 30 de setembro de 2016.
No hay comentarios:
Publicar un comentario