Entidades
beneficiarias
1. As empresas privadas, calquera
que sexa a forma xurídica que adopten, agás as persoas físicas, comunidades de
bens, sociedades civís, sociedades cooperativas e sociedades laborais, sempre
que cumpran as condicións e os requisitos establecidos nesta orde para cada
tipo de axuda e nas cales concorran, na data do seu inicio de actividade, as
seguintes circunstancias:
a) Que sexan
empresas de nova creación.
b) Que sexan
viables técnica, económica e financeiramente.
c) Que xeren
emprego estable para persoas desempregadas.
d) Que teñan o
seu domicilio social, fiscal e o seu centro de traballo na Comunidade Autónoma
de Galicia.
e) Que sexan
promovidas, como máximo, por cinco persoas e que entre os socios ou as socias
promotoras non figure ningunha persoa xurídica.
f) Que a
empresa teña un capital social máximo de 120.202 euros.
2. As empresas privadas que
obtivesen a cualificación como iniciativa local de emprego (ILE).
3. As persoas promotoras para a
axuda á conciliación da vida persoal, laboral e familiar das persoas
promotoras.
Obxecto
Xerar emprego
estable para as persoas desempregadas, principalmente entre as mulleres; as
persoas con discapacidade e en risco de exclusión social, e as unidades
familiares con todos os seus membros en situación de desemprego, apoiando e
dinamizando o desenvolvemento de novas iniciativas empresariais na Comunidade
Autónoma de Galicia, con especial atención aos concellos do rural galego,
mediante os seguintes tipos de axuda:
a) Subvención á
xeración de emprego estable.
b) Subvención
para a formación.
c) Subvención
para o inicio da actividade.
d) Subvención
para a conciliación da vida persoal, laboral e familiar das persoas promotoras.
Prazo de
solicitudes
- O prazo xeral
de presentación de solicitudes de todos os tipos de axudas dos programas
regulados nesta orde finalizará o 31 de xullo de 2018.
- Para a axuda
de xeración de emprego, o prazo para as actuacións realizadas ata a publicación
desta orde será de dous meses desde a súa publicación.
Máis información: https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia/mostrarContenido.do?ruta=/srv/www/doga/Publicados/2018/20180126/Secciones1_gl.html&paginaCompleta=false&compMenu=10102
Máis información: https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia/mostrarContenido.do?ruta=/srv/www/doga/Publicados/2018/20180126/Secciones1_gl.html&paginaCompleta=false&compMenu=10102
No hay comentarios:
Publicar un comentario