No Boletín
oficial da provincia de Lugo do día 04/01/2018, publicouse
o anuncio da convocatoria para a selección, mediante concurso-oposición, dun AXENTE TIC,
a xornada parcial (20 horas/semana), como persoal laboral temporal do concello de O Vicedo, e
encargado da aula CEMIT.
Poden
consultar as bases e descargar a instancia de solicitude no seguinte enlace:
https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0 (apartado taboleiro de anuncios).
Según aparece nas bases de selección a documentación que debe acompañar a instancia de solicitude, si se envía dun rexistro distinto ao do Concello do Vicedo, é:
https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0 (apartado taboleiro de anuncios).
Según aparece nas bases de selección a documentación que debe acompañar a instancia de solicitude, si se envía dun rexistro distinto ao do Concello do Vicedo, é:
- Copia
compulsada do DNI.
- Copia compulsada
da titulación esixida: estar en posesión dalgunha titulación de Técnico superior ou FPII da rama informática
- Copia
compulsada da acreditación de estar en posesión do CELGA 4 ou curso de
perfeccionamento do galego.
-
Acreditación dos méritos en caso de existir, en orixinal ou copia
compulsada, de: vida laboral máis contratos de traballo, diplomas dos cursos
relacionados co posto e outras titulacións relacionadas co posto de
traballo.
Si a
documentación se presenta directamente no Concello, deben traer os orixinais da documentación anterior para o seu cotexo (faríanselles aquí as fotocopias).
Si presentan
a solicitude noutro rexistro distinto o do propio Concello, ademáis de todo o
anterior, deben de enviar por fax ao 982590001, dentro do prazo
estipulado, unha copia da solicitude correctamente presentada e datada, según o
estipulado nas bases.
O prazo de solicitude é de 10 días naturais a contar desde o día seguinte o da publicación no Boletín oficial da provincia, finaliza o próximo día 15 de xaneiro de 2018, por ser o día 14 inhábil.
No hay comentarios:
Publicar un comentario