No DOG do 23 de xaneiro de 2018, publícase a convocatoria das probas
para a obtención do título de graduado en educación secundaria no ano 2018.
REQUISITOS:
-
Teren feitos os 18 anos o día anterior á
data de realización da proba.
-
Non ter o título de graduado en educación secundaria.
-
Non estar nin ter estado matriculado no
curso 2017/18 nas ensinanzas de educación secundaria ordinaria nin nas de
formación profesional básica.
-
O alumnado matriculado durante o curso
2017/18 na educación secundaria para persoas adultas poderá inscribirse nas
probas se cumpre unha serie de requisitos (consultar).
SOLICITUDE: Anexo
I, que se presentará en papel nos centros educativos sinalados nesta orde (os
máis pretos do Vicedo: Centro EPA Albeiros, parque da Milagrosa s/n 27003 Lugo;
EPA Santa María de Caranza, rúa Luis de Requesens, s/n 15406 Ferrol)
DOCUMENTACIÓN:
-
Certificado de discapacidade se é o caso.
-
Certificación académica das materias
superadas se é o caso.
-
Se se solicita a exención en Lengua Galega,
acreditación de proceder doutra comunidade autónoma ou dun país extranxeiro.
PRAZO
matrícula:
-
Convocatoria de maio: 12 ao 23 de marzo de
2018.
-
Convocatoria de setembro: 2 ao 9 de xullo
de 2018.
Realización
das probas: en sesións de mañá e tarde o día 25 de maio de 2018 para a primeira convocatoria e o 7 de
setembro para a segunda convocatoria.
Máis información pinchando no seguinte enlace: https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia/mostrarContenido.do?paginaCompleta=false&idEstado=5&rutaRelativa=true&ruta=/2018/20180123/Secciones2_gl.html
No hay comentarios:
Publicar un comentario