Beneficiarios:
Persoas traballadoras autónomas ou profesionais pola
primeira contratación con caracter indefinido de persoas desempregadas durante
o primeiro ano de actividade de persoas desempregadas, e pola segunda e
terceira contratación de caracter indefinido de persoas desempregadas nos tres
primeiros anos de actividade.
Incompatibilidades:
-
Non poderán ser beneficiarias as persoas que desenvolvesen como autónomas
a mesma actividade nos tres meses inmediatamente anteriores a data do inicio na
nova situación de alta na Seguridade Social, de ser o caso.
-
Non poderán ser beneficiarias nin as sociedades civís, nin as comunidades
de bens, nin persoas socias comuneiras nin autónomos colaboradores.
Destacar:
-
Serán subvencionables as contratacións indefinidas iniciais que se
formalicen desde o 1 de outubro de 2017 ata o 30 de setembro de 2018.
-
A contratación inicial poderá ser a tempo completo ou a tempo parcial,
incluída a modalidade de fixo discontinuo, e
deberá comunicarse á oficina de emprego na forma reglamentaria.
-
Nos casos de xornada parcial farase un cálculo proporcioanl para a
concesión da axuda.
-
Quedan excluídos os contratos realizados co cónxuxe, ascendentes,
descendentes e demáis parentes ata segundo grado inclusive.
-
Excepción: poderanse contratar aos fillos/as menores de 30 anos ainda que
convivan co solicitante. Poderáse contratar un só familiar menor de 45 anos que
non conviva nin estea a cargo do solicitante.
-
Non se poden contratar pesoas que que traballaran na mesma empresa con
contrato indefinido nos 24 meses anteriores, ou con contrato temporal nos
últimos 3 meses; nin aquelas que remataran unha relación laboral indefinida
noutra empresa nos tres meses previos (agás que sexa despedimento improcedente
ou causa sinalada nesta orde).
Importe:
-
primeira persoa contratada indefinida: de 3.000 a 5.000 € (según
colectivo), que se incrementará un 25% en cada un dos caos seguintes:mulleres;
concello rural; maiores de 45 anos; emigrantes retornados.
-
segunda e terceira contratación indefinida: de 5.000 a 7.000 € (según
colectivo) que se incrementará un 25% en cada un dos caos seguintes:mulleres;
concello rural; maiores de 45 anos; emigrantes retornados.
Prazo de
solicitude:
a) Para
contratacións realizadas entre o 1/10/2017 e o 26/01/2018: dous meses desde o
día de publicación desta orde
b) Para
contratacións realizadas desde o 27/01/2017: ata o último día do segundo mes
seguinte á data en que se inicie a relación laboral. Se o último día de prazo é
inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.
c) O
prazo para a presentación das solicitudes de axudas rematará o 30 de setembro
de 2018, aínda que non trancorrese o prazo sinalado no parágrafo anterior.
Máis información: https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia/mostrarContenido.do?ruta=/srv/www/doga/Publicados/2018/20180126/Secciones1_gl.html&paginaCompleta=false&compMenu=10102
Máis información: https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia/mostrarContenido.do?ruta=/srv/www/doga/Publicados/2018/20180126/Secciones1_gl.html&paginaCompleta=false&compMenu=10102
No hay comentarios:
Publicar un comentario