miércoles, 24 de enero de 2018

CONVOCATORIA PROBA DE LIBRE PARA A OBTENCIÓN DO TÍTULO DE BACHAREL



NO DOG do 23 de xaneiro de 2018, publícase a convocatoria das probas para a obtención do título de bacharel para mayores de vinte anos no ano 2018.

REQUISITOS:
-      Ser maior de 20 anos ou cumprilos no ano 2018.
-      Non ter o título de bacharel nin equivalente.
-      Non estar cursando bacharel nin ter estado matriculado no mesmo no curso 2017/18.


SOLICITUDE: Anexo I, que se presentará en papel nos centros educativos sinalados nesta orde (os máis pretos do Vicedo: Centro EPA Albeiros, parque da Milagrosa s7n 27003 Lugo; EPA Eduardo Pondal, rúa estación 3-2º andar 15003 A Coruña).

DOCUMENTACIÓN:
-      Certificado de discapacidade se é o caso.
-      Certificacións académicas, copia compulsada do libro de escolaridade ou historial académico se se acredita ter superado materias para validar algún exercicio.
-      Se procede doutra comunidade autónoma e se solicita a exención en Lengua Galega e Literatura I eII, achegar certificado de residencia.

PRAZO solicitude: do 23 de febreiro ao 9 de marzo de 2018

Realización das probas: o día 20 de abril de 2018 en sesións de mañá e tarde no IES San Clemente de Santiago de Compostela.

Máis información pinchando no seguinte enlace: https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia/mostrarContenido.do?paginaCompleta=false&idEstado=5&rutaRelativa=true&ruta=/2018/20180123/Secciones2_gl.html

No hay comentarios: