jueves, 8 de febrero de 2018

CURSOS PREPARATORIOS CELGAS



Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria: RESOLUCIÓN do 25 de xaneiro de 2018, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se anuncia, con carácter voluntario e gratuíto, a convocatoria de cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4 (ED104B).DOGA 06/02/2018.

OBXECTO: Convocar cursos Celga de nivel 1,2 3 e 4. Son cursos preparatorios para as probas de obtención do certificado, pero NON se obtén o certificado por facer o curso. 

Convócanse dúas modalidades:
-      Presencial: Celga 2, Celga3 e Celga 4. (consultar localidades, datas e horarios no anexo II)
-      Teleformación: Celga 1 e Celga 4. (consultar datas no anexo II)

REQUISITOS: Ser maior de 16 anos ou cumprilos no ano 2018.

SOLICITUDE: Anexo I e certificado de discapacidade se é o caso.  

PRAZO solicitude: do 7 ao 26 de febreiro de 2018.

No hay comentarios: