RESOLUCIÓN do 16 de febreiro de 2018, da Dirección Xeral de Orientación
e Promoción Laboral, pola que se convocan probas de avaliación en competencias
clave para acceder aos certificados de profesionalidade de niveis 2 e 3 de
cualificación (código do procedemento TR306A). DOGA 26/02/2018
Obxecto: convocar probas de avaliación en competencias clave para o acceso ás
accións formativas dos novos certificados de profesionalidade de niveis 2 e 3
de cualificación profesional da formación profesional para o emprego.
Convócanse probas nos dous niveis de cualificación profesional 2 e 3,
nas seguintes
competencias clave:
• Comunicación en lingua galega.
• Comunicación en lingua castelá.
• Comunicación en lingua estranxeira (inglés).
• Competencia matemática.
As competencias clave requiridas para todos os certificados de
profesionalidade das
26 familias profesionais do Repertorio nacional de certificados de
profesionalidade para os niveis de cualificación 2 e 3 son competencia
matemática, comunicación en lingua castelá e comunicación en lingua galega. A
competencia de comunicación en lingua estranxeira soamente se require nos
certificados de profesionalidade que teñen un módulo formativo de lingua
estranxeira e que se especifican no anexo VI desta resolución.
Exencións e validacións ás probas de avaliación: No caso da competencia
de comunicación en lingua galega, estarán exentos de presentarse a esta proba
as persoas que cumpran algún dos requisitos establecidos no anexo IV.
No anexo V desta resolución establécense as validacións por ter
superados estudos
regrados e probas do sistema educativo para as competencias clave que se
convocan.
Solicitude: mediante o anexo I.
Prazo: do 27 de febreiro ata o 23 de marzo de 2018.
O/a candidato/a realizará unha proba por cada unha das competencias
clave convocadas nas cales se inscribise. A duración da proba en cada
competencia clave é dunha hora.
Publicación da lista definitiva de admitidos: 9 de maio de 2018
Realización das probas: sábado día 12 de maio de 2018
No hay comentarios:
Publicar un comentario