Consellería de Cultura, Educación e Ordenación
Universitaria: ORDE do 1 de
febreiro de 2018 pola que se convocan probas para a obtención de determinados
carnés profesionais e habilitacións profesionais no ano 2018. DOGA 15/02/2018.
Obxecto: realización dos
exames encamiñados á obtención dos carnés profesionais e das habilitacións
profesionais para o ano 2018 nas seguintes especialidades:
Carnés profesionais:– Carné profesional
en instalacións térmicas de edificios. – Carné profesional de operador/a de
guindastre torre. – Carné profesional de operador/a de guindastre móbil
autopropulsado, categoría A. – Carné profesional de operador/a de guindastre
móbil autopropulsado, categoría B.
Habilitacións profesionais: – Operador/a
industrial de caldeiras. – Instalador/a de gas, categoría A. – Instalador/a de
gas, categoría B. – Instalador/a de gas, categoría C. – Instalador/a de
produtos petrolíferos líquidos, categoría I. – Instalador/a de produtos
petrolíferos líquidos, categoría II. – Reparador/a de produtos petrolíferos
líquidos, categoría III. – Manipulador/a de equipamentos con sistemas
frigoríficos de calquera carga de refrixerantes fluorados. – Manipulador/a de
equipamentos con sistemas frigoríficos de carga de refrixerante inferior a tres
quilogramos de gases fluorados. – Manipulador/a de equipamentos de transporte
refrixerado de mercadorías de calquera carga de refrixerantes fluorados. –
Manipulador/a de equipamentos de transporte refrixerado de mercadorías que
empreguen menos de tres quilogramos de refrixerantes fluorados.
Solicitudes: As persoas aspirantes deberán solicitar a súa admisión
ás probas mediante instancia, segundo o modelo que figura no anexo I desta
orde. No caso de teren interese na obtención de máis dun carné profesional ou
habilitación profesional, presentarán unha solicitude por cada un deles, xunto
coa correspondente documentación xustificativa. Xunto coa solicitude, deberase
presentar xustificante de autoliquidación de taxas (importe de 39,14 euros).
Prazo: 1. Para a convocatoria ordinaria, o
prazo de presentación de solicitudes será desde o día 1 ao día 14 de marzo de
2018, ambos os dous incluídos. 2. Para a convocatoria extraordinaria, o
prazo de presentación de solicitudes será desde o día 2 ao día 13 de xullo de
2018, ambos os dous incluídos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario