Consellería de Economía, Emprego e Industria: ORDE do 22 de decembro de 2017 pola que se establecen
as bases reguladoras do Programa de incentivos á contratación na empresa
ordinaria, e se convocan para o ano 2018. DOGA 02/02/2018.
Dous tipos de axudas compatibles:
a) Bono de contratación, subvención
para a contratación indefinida inicial e a temporal cunha duración mínima de
doce meses das persoas desempregadas de longa duración, persoas con
discapacidade e persoas en risco de exclusión social.
b) Bono de formación (opcional)
dirixido ás persoas contratadas por medio desta orde, para levar a cabo accións
formativas que melloren os seus coñecementos e habilidades relacionados co
posto de traballo.
Entidades
beneficiarias
1. Persoas empregadoras e empresas, calquera
que sexa a forma xurídica que adopten, incluídas as persoas autónomas, as
sociedades civís e as comunidades de bens, que contraten traballadoras ou
traballadores por conta allea para prestaren servizos en centros de traballo
radicados en Galicia.
No caso de sociedades civís,
comunidades de bens e unións temporais de empresas, deberanse facer constar
expresamente os compromisos de execución asumidos por cada membro da
agrupación, así como o importe de subvención que se vai aplicar para cada un
deles, que terán igualmente a consideración de beneficiario. En calquera caso,
deberán nomear unha persoa representante ou apoderada única da agrupación, con
poderes suficientes para cumprir as obrigas que, como beneficiaria, lle
correspondan á agrupación. No suposto de unións temporais de empresas, cada
empresa que forme parte desta unión deberá reunir os requisitos exixidos para
acceder ás axudas.
As empresas que teñan cincuenta ou
máis persoas traballadoras deberán cumprir a cota de reserva para persoas con discapacidade,
conforme se dea ocupación, polo menos, ao 2 % de traballadores e traballadoras
con discapacidade sobre o total das persoas traballadoras ou as medidas de
carácter excepcional establecidas no artigo 42 do texto refundido da Lei
xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social.
2. Non poderán ser entidades
beneficiarias destas axudas as administracións públicas, as sociedades
públicas, as entidades vinculadas ou dependentes de calquera delas nin os
centros especiais de emprego.
Prazo: As solicitudes dos bonos de contratación e
formación polas contratacións subvencionables realizadas entre o 1 de outubro de 2017 e a data de publicación desta orde deberán presentarse no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte o da publicación desta orde. No resto dos casos deberanse presentar no prazo de dous meses desde a data de formalización do
contrato. O prazo rematará o 15 de outubro 2018, aínda que nesa data non
transcorrese o prazo sinalado no parágrafo anterior.
No hay comentarios:
Publicar un comentario