Consellería de Economía, Emprego e Industria. ORDE do 29 de decembro de 2017 pola que se establecen
as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva,
de subvencións para a dixitalización e modernización de empresas comerciais
e artesanais, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018 (código de
procedemento IN201H).Doga 01/02/2018.
Consideraranse subvencionables as
seguintes actuacións, sempre que estas sexan realizadas e efectivamente pagadas
desde o 1 de xaneiro de 2018 ata a data límite de xustificación:
1. Implantación de solucións
dixitais para a adaptación das empresas comerciais e artesanais ás novas
tendencias do mercado. En concreto:
a) A implantación ou actualización
de páxinas web comerciais e a mellora da imaxe en liña dirixidas á
comercialización dos seus produtos.
b) A loxística dixital a través do
deseño e implantación dun packaging para a venda
en liña adecuado ás características do produto e á imaxe e identidade da
empresa comercial ou artesanal, dirixidas á mellora da comercialización e da
imaxe.
c) Implantación de ferramentas de
xestión: sistemas integrados para a planificación de recursos empresariais,
comerciais e software adecuados ás necesidades
da empresa.
d) Os servizos de xestión de redes
sociais. A axuda consistirá nun tícket para a xestión de redes sociais, no
marco do programa de Social Commerce que se
desenvolverá en colaboración coa Federación Galega de Comercio, durante o ano
2018.
2. Proxectos de modernización
integral do local comercial incluídos nun proxecto de decoración e
interiorismo.
Prazo: un
mes a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
Consellería de Economía, Emprego e Industria: ORDE do 29 de decembro de 2017 pola que se establecen
as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva,
de subvencións para proxectos de expansión comercial e novas fórmulas de comercialización
no sector comercial e artesanal, e se convocan para o ano 2018 (código de
procedemento IN228A). DOGA 01/02/2018
Obxecto: Subvencións para a posta en marcha de proxectos de
expansión comercial, é decir, apertura dun novo establecemento comercial por
comerciantes retallistas titulares de establecementos comerciais en Galicia que
conten cun mínimo de dous anos de actividade comercial ininterrompida. O
proxecto deberá incluír un compromiso de contratación de persoal de, polo
menos, un/ha traballador/a por un período mínimo dun ano, no prazo de seis
meses contados a partir da data límite de xustificación da subvención.
Axuda: A porcentaxe de
subvención será o 50 % do investimento máximo subvencionable.
Prazo: dous
meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario