jueves, 15 de febrero de 2018

OFERTA EMPREGO

Están expostas as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dunha AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR, a xornada parcial (32  horas/semana), con adscrición ao servizo municipal de axuda ó fogar do concello do Vicedo. Sendo a data de  inicio prevista o día 7 de  marzo, e por un período de seis meses.



O prazo de inscrición remata o vindeiro día 26 de febreiro, ás 15:00 horas. A selección realizarase o día 28 de febreiro de 2018, a partir das 10:00 na Casa Consistorial.

Para máis información e inscricións pasar pola oficina da Axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura, ou pinchando no seguinte enlace: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

No hay comentarios: