viernes, 16 de febrero de 2018

OFERTAS DE EMPREGO

Proximamente publícarase no BOP de Lugo o anuncio da convocatoria para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dous PEÓNS DE MANTEMENTO DE ZONAS NATURAIS, polo período de seis meses, subvencionados ao abeiro do Plan provincial único de cooperación cos concellos 2017, "Programa Depuemprego 2017", da Excma. Deputación de Lugo.

Está previsto que o prazo de solicitude se abra para o 6 de marzo de 2018, de tódolos xeitos no momento que se confirme a apertura do prazo anunciarase de novo neste blog.

Para máis información ou consulta das bases contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local do concello do Vicedo, ou pinchar aquí: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.  ( Ir a taboleiro de anuncios, pinchar no + que está a dereita para ver tódolas publicacións)

No hay comentarios: