A Consellería de política Social fai unha convocatoria de
habilitación excepcional e habilitación provisional das categorías
profesionais de xerocultor/a, coidador/a, auxiliar de axuda no fogar e asistente/a persoal dos centros e servizos do Sistema para a autonomía e atención á dependencia na Comunidade Autónoma de Galicia
Requisitos:
- Ter desempeñado funcións nas categorías de persoal coidador, xerocultor, auxiliar de axuda no fogar ou asistente/a persoal ou estar en situación asimilada ao alta (ou atoparse en situación de suspensión da relación laboral con dereito a reserva do posto de traballo), ou estar a prestar servizos como persoal voluntario ou bolseiro en empresas, entidades ou institucións que ofrezan atención sociosanitaria en centros ou servizos do Sistema para a autonomía e atención á dependencia na Comunidade Autónoma de Galicia, na categoría profesional que corresponda, durante polo menos tres anos, cun mínimo de 2.000 horas traballadas na categoría profesional correspondente nos últimos 12 anos.

- No suposto de non alcanzar os requisitos de experiencia mínima, que
se traballara na categoría profesional correspondente e ter acreditada, a
data 31 de decembro de 2017, formación relacionada coas competencias
profesionais que se queren acreditar nun mínimo de 300 horas nos últimos
12 anos.
O prazo de presentación das solicitudes estará aberto ata o 31 de xullo de 2022

Máis información no DOG do 17 de xaneiro de 2019
No hay comentarios:
Publicar un comentario