Establécense dúas liñas de axuda:
- Programa I: promoción do emprego autónomo:
Finalidade: concesión dunha axuda
económica a persoas desempregadas que se dean de alta coma traballadoras
autónomas, para facer fronte aos gastos xerados no comezo da actividade.
Requisitos: estar inscrito como
demandante de emprego antes da alta na actividade; ter iniciado a actividade
con anterioridade á presentación da solicitude; desenvolver a actividade en
Galicia; non ter sido beneficiario da mesma subvención nos tres anos anteriores
á data de inicio da nova actividade; non ter desenvolvido como autónomo a mesma
actividade na mesma localidade nos seis meses anteriores, nin ter estado de
alta en autónomos nos tres meses anteriores.
Excluídos: socios de sociedades
mercantís, laborais e autónomos colaboradores.
Contía:
. 2000 euros para persoas
desempregadas en xeral.
. 4000 euros no caso de: menores
de 30 anos; persoas desempregadas de longa duración; persoas desempregadas con
discapacidade; persoas desempregadas en situación ou risco de exclusión social.
Non acumulable.
. A contía incrementarse nun 25%
cando: sea muller; o centro de traballo estea nun concello rural; maior de 45
anos; emigrante retornado; persoas trans. O incremento é acumulable.
Prazo: ata o 30 de setembro de
2019.
Obrigas destacables: manter a alta
en autónomos un mínimo de dous anos; o pagamento queda condicionado á
presentación da documentación que se exixa na resolución de concesión, no prazo
estipulado na mesma.
- Programa II: axudas a persoas autónomas para contratación indefinida de
persoas asalariadas:
Beneficiarios: Persoas traballadoras autónomas ou profesionais pola
primeira contratación con caracter indefinido de persoas desempregadas durante
o primeiro ano de actividade de persoas desempregadas, e pola segunda e
terceira contratación de caracter indefinido de persoas desempregadas nos tres
primeiros anos de actividade.
Incompatibilidades:
. Non poderán ser beneficiarias
as persoas que desenvolvesen como autónomas a mesma actividade nos tres meses
inmediatamente anteriores a data do inicio na nova situación de alta na
Seguridade Social, de ser o caso.
. Non poderán ser
beneficiarias nin as sociedades civís, nin as comunidades de bens, nin persoas
socias comuneiras nin autónomos colaboradores.
Destacar:
. Serán subvencionables as
contratacións indefinidas iniciais que se formalicen desde o 1 de outubro de
2018 ata o 30 de setembro de 2019.
. A contratación inicial poderá
ser a tempo completo ou a tempo parcial, incluída a modalidade de fixo
discontinuo, e deberá comunicarse á
oficina de emprego na forma reglamentaria.
. Nos casos de xornada parcial
farase un cálculo proporcional para a concesión da axuda.
. Quedan excluídos os
contratos realizados co cónxuxe, ascendentes, descendentes e demáis parentes
ata segundo grado inclusive.
. Excepción: poderanse
contratar aos fillos/as menores de 30 anos ainda que convivan co solicitante.
Poderáse contratar un só familiar menor de 45 anos que non conviva nin estea a
cargo do solicitante.
. Non se poden contratar
pesoas que que traballaran na mesma empresa con contrato indefinido nos 24
meses anteriores, ou con contrato temporal nos últimos 3 meses; nin aquelas que
remataran unha relación laboral indefinida noutra empresa nos tres meses
previos (agás que sexa despedimento improcedente ou causa sinalada nesta orde).
Importe:
. primeira persoa contratada
indefinida: de 3.000 a
5.000 € (según colectivo), que se incrementará un 25% en cada un dos casos
seguintes:mulleres; concello rural; maiores de 45 anos; emigrantes retornados;
persoas trans.
. segunda e terceira
contratación indefinida: de 5.000
a 7.000 € (según colectivo) que se incrementará un 25%
en cada un dos caos seguintes:mulleres; concello rural; maiores de 45 anos;
emigrantes retornados; persoas trans.
Prazo de solicitude:
a) Para contratacións realizadas entre o 1/10/2018 e o 25/01/2019:
ata o 25 de marzo de 2019.
b) Para contratacións realizadas desde o 26/01/2019: ata o
último día do segundo mes seguinte á data en que se inicie a relación laboral.
Se o último día de prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día
hábil seguinte.
c) O prazo para a presentación das solicitudes de axudas rematará
o 30 de setembro de 2019, aínda que non trancorrese o prazo sinalado no
parágrafo anterior.
No hay comentarios:
Publicar un comentario