viernes, 17 de abril de 2020

Nota informativa sobre o proceso de selección dun funcionario de carreira para a praza de operario de servizos múltiples

No BOE de 17/04/2020 publicouse o anuncio da convocatoria para a provisión de dita praza, pero o prazo de solicitude que é de vinte días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio neste boletín, e debido a situación actual e as características do posto, non empezará a contar ata finalizado o estado de alarma decretado polo goberno.


No BOP de Lugo de 2 de marzo de 2020, publicáronse as bases da convocatoria do proceso de selección dun funcionario de carreira, mediante concurso-oposición, para acceder a unha praza vacante de operario de servizos múltiples do concello do Vicedo, poden consultalas no seguinte enlace: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0 (Apartado taboleiro de anuncios)


No hay comentarios: