viernes, 17 de abril de 2020

Oferta de emprego: auxiliar de axuda no fogar (xornada parcial: 8 horas/semana)

Están expostas as bases para a contratación laboral temporal, con carácter de urxencia, mediante concurso-oposición, dun/dunha  AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR, a xornada parcial (8 h/semana), con adscrición ao servizo municipal de axuda no fogar do Concello do Vicedo. Sendo a data de  inicio prevista o día 04 de maio, e por un período de seis meses.

O prazo de inscrición é desde o día 18 ata o 28 de abril de 2020 (ambos inclusive). A selección realizarase o día 29 de abril de 2020, a partir das 10:00 na Casa Consistorial.

Para máis información e inscricións pasar pola Casa do Concello, ou pinchando no seguinte enlace:https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

No hay comentarios: