Están expostas as bases para a contratación laboral temporal, con carácter de urxencia, mediante concurso-oposición, dun/dunha AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR, a xornada parcial (10 h/semana), con adscrición ao servizo municipal de axuda no fogar do Concello do Vicedo. Sendo a data de inicio prevista o día 22 de abril, e por un período de seis meses.
O prazo de inscrición é desde o día 08 ata o 20 de abril de 2020 (ambos inclusive). A selección realizarase o día 21 de abril de 2020, a partir das 10:00 na Casa Consistorial.
Para máis información e inscricións pasar pola Casa do Concello, ou pinchando no seguinte enlace:https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0
No hay comentarios:
Publicar un comentario