A Delegación Territorial da Xunta en Lugo vai a celebrar, o luns 27 de abril, ás 10:00 horas, unha reunión por videoconferencia, con distintos sectores produtivos do noso concello (hostelaría, comercio, mar..) para informar sobre as distintas liñas de axuda para facer fronte á situación actual de excepcionalidade asociada á problemática do coronavirus.
Para máis información, contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local do concello do Vicedo (Tlf. 982590029, e-mail: emprego@concellodovicedo.org)
No hay comentarios:
Publicar un comentario