Están expostas as bases (unhas bases diferentes para cada un dos postos) para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, de dúas AUXILIARES DE AXUDA NO FOGAR, a xornada parcial, unha delas para 27 horas/semana e a outra cunha xornada de 25 horas/semana, con adscrición ao servizo municipal de axuda no fogar do Concello do Vicedo. Sendo a data de inicio prevista o día 16 de marzo, en ambolos dous casos, e por un período de seis meses.
O prazo de inscrición é desde o día 18 de febreiro ata o 01 de marzo de 2021 (ambos inclusive). A selección realizarase o día 02 de marzo de 2021, a partir das 10:00 horas a de 27 horas/semana e a partir das 10:30 horas a de 25 horas/semana, na Casa Consistorial.
Para máis información e inscricións pasar pola Casa do Concello, ou pinchando no seguinte enlace: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0 (no apartado de taboleiro de anuncios, pinchar no símbolo + para ver tódalas publicacións)
No hay comentarios:
Publicar un comentario