OBXECTO DAS AXUDAS:
Son actuacións subvencionables as que se realicen en calquera dos seguintes tipos de establecementos turísticos:
a) Os establecementos
hoteleiros, campamentos de turismo, establecementos de turismo rural e
albergues turísticos, de acordo co artigo 55.1 da Lei 7/2011, do 27 de outubro.
b) As empresas de restauración
2. Consideraranse
actuacións subvencionables todas aquelas que se inicien a partir do 1 de
xaneiro de 2021.
3. En concreto, poderán
ser obxecto de subvención, de conformidade co que se establece nesta
resolución, os seguintes investimentos:
3.1. Actuacións
destinadas a mellorar as condicións de accesibilidade e supresión de barreiras
arquitectónicas.
3.2. Obras destinadas á
mellora das instalacións coa finalidade de obter certificacións de calidade, en
especial a Q de Calidade Turística.
3.3. Actuacións
destinadas á adaptación ás modificacións normativas e á mellora da
clasificación do establecemento que supoñan un incremento de categoría.
3.4. Actuacións de
renovación e modernización das instalacións e embelecemento do contorno da
instalación.
3.5. Equipamentos mobles
necesarios para o funcionamento.
3.6. Actuacións de
mellora da climatización que favorezan a sustentabilidade coa implementación de
medidas de aforro enerxético, así como a instalación ou mellora de sistemas de
extracción e renovación do aire.
4. Actuacións de
dixitalización dos sistemas de xestión e comercialización do establecemento.
5. Adaptación dos
sistemas de seguridade e saúde na prestación de servizos.
MÁIS INFORMACIÓN: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=TU503A ou contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local municipal.
No hay comentarios:
Publicar un comentario