Persoas
beneficiarias
1. Poderán beneficiarse das axudas as persoas físicas maiores de idade que, tendo menos de trinta e cinco anos na data de presentación da correspondente solicitude, reúnan os seguintes requisitos:
a) Posuír a
nacionalidade española ou, no caso de ser estranxeiras, ter a residencia legal
en España.
b) Que os
ingresos anuais das persoas que compoñen a súa unidade de convivencia sexan
iguais ou inferiores a tres veces o IPREM.
Este límite
será de catro veces o IPREM se se trata dunha familia numerosa de categoría
xeral ou dentro da súa composición existan persoas cunha discapacidade distinta
das sinaladas a seguir. O referido límite será de cinco veces o IPREM cando
sexa unha familia numerosa de categoría especial ou na súa composición existan
persoas con algunha das seguintes discapacidades:
i) Parálise
cerebral, enfermidade mental, discapacidade intelectual ou discapacidade do
desenvolvemento, cun grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 33
%.
ii)
Discapacidade física ou sensorial, cun grao de discapacidade recoñecido igual
ou superior ao 65 %.
c) Ter
subscrito a partir do 1 de xaneiro de 2021 ou estar en condicións de subscribir
un contrato de adquisición dunha vivenda que reúna os seguintes requisitos:
– Que a
vivenda estea localizada nun concello pertencente ao territorio da Comunidade
Autónoma de Galicia de menos de 5.000 habitantes. Para estes efectos, tomaranse
como referencia as últimas cifras oficiais do padrón municipal de habitantes
publicadas polo Instituto Galego de Estatística na data da correspondente
convocatoria.
– Que o
prezo de adquisición da vivenda, incluídos os seus anexos, sen os gastos e
tributos inherentes a ela, sexa igual ou inferior a cen mil euros.
– Que se
trate dunha vivenda xa construída. Para estes efectos, admitiranse tanto as
vivendas novas como as usadas.
d) Que a
persoa solicitante e as demais persoas integrantes da súa unidade de
convivencia estean empadroadas na vivenda adquirida no momento de presentación
da correspondente solicitude, para o caso de que a adquisición fose realizada
con anterioridade á data da publicación da correspondente convocatoria.
e) Que a
persoa solicitante e as demais persoas integrantes da súa unidade de
convivencia se atopen ao día das súas obrigas tributarias estatais e
autonómicas e coa Seguridade Social e non teñan pendente ningunha outra débeda,
por ningún outro concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma.
f) Que nin
a persoa solicitante nin as demais persoas integrantes da súa unidade de
convivencia estean incursas nalgunha das circunstancias previstas no artigo 13
da Lei 38/2003, do 17 de decembro, xeral de subvencións, e no artigo 10 da
Lei 9/2007, do 13 de xuño, así como que non se lles teña revogada, ou fosen
obxecto dunha resolución de reintegro dunha axuda prevista neste ou no anterior
plan estatal de vivenda, por incumprimento ou causa imputable a aquelas.
g) Que nin
a persoa solicitante nin calquera das persoas integrantes da súa unidade de
convivencia sexan propietarias ou usufrutuarias dalgunha vivenda en territorio
español. Para estes efectos, non se considerará que se posúe a propiedade ou o
usufruto dunha vivenda se o dereito recae unicamente sobre unha parte alícuota
desta e foi obtido por transmisión mortis causa. Exceptuaranse
deste requisito aquelas persoas que, sendo titulares dunha vivenda, acrediten
non ter a súa dispoñibilidade por causa de separación ou divorcio, non poidan
habitala por calquera outra causa allea á súa vontade ou que a vivenda resulte
inaccesible por razón de discapacidade da persoa solicitante ou de calquera membro
da súa unidade de convivencia.
2. No
suposto de adquisición da propiedade da vivenda por máis dunha persoa, cada
unha das persoas propietarias deberá cumprir os requisitos sinalados no
parágrafo anterior para poder ser beneficiaria da axuda.
Importe:
2. No
suposto de adquisición da propiedade da vivenda por máis dunha persoa
propietaria, o importe da axuda que puidese recibir un/unha beneficiario/a que
adquira unha parte dela determinarase aplicando, ao importe da axuda que
correspondería da adquisición do 100 % da vivenda, a porcentaxe de cota
adquirida.
Prazo de presentación de solicitudes:
O prazo de
presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao
da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia (DOG),
ata o 01 de setembro de 2021 e rematando, en todo caso, no momento do
esgotamento do crédito orzamentario, o que será publicado no DOG mediante
resolución ditada pola persoa titular da Dirección Xeral do IGVS.
Máis información: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=VI435A
No hay comentarios:
Publicar un comentario