lunes, 8 de febrero de 2021

Lista de admitidos/excluidos provisional para a selección dun Auxiliar de información turística. Subvencionado pola Excma. Deputación Provincial de Lugo dentro do Programa "Fomento do emprego 2020"

Publicouse no día de hoxe 08/02/2021 a lista de admitidos e excluidos provisional  en relación coas bases para a selección, mediante oposición, dun AUXILIAR DE INFORMACIÓN TURÍSTICA, a xornada completa, como persoal laboral temporal, dentro do programa: "Fomento do Emprego do plan Provincial Único de Cooperación cos concellos 2020", financiado pola da Excma. Deputación Provincial de Lugo, ao abeiro das bases publicadas no BOP de Lugo de 3 de abril de 2020, con adscrición ao servizo municipal de turismo.


Segundo se establece na resolución os excluidos dispoñen dun prazo de dous días hábiles, é decir, dos días 09 e 10 de febreiro para efectuar as alegacións que estimen oportunas ou corrixir, no seu caso, os erros que proceda, directamente no propio concello ou , enviando dentro do mesmo prazo a documentación orixinal ou en fotocopia compulsada ou cotexada por calquera das formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 01 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas. Neste último caso, adelantaran por fax ó número 982590001 ou por correo electrónico o enderezo: concello@concellodovicedo.org, toda a documentación presentada nun rexistro habilitado e dentro do prazo estipulado.

As probas e valoración de méritos terán lugar o día 18 de febreiro de 2021, ás 09:30 horas, no Centro Sociocultural, Xuvenil e da Terceira idade do Vicedo, sita na rúa Cidade de Mondoñedo, nº 23 O Vicedo (Casa da Cultura).



Para máis información ou consulta das listas contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local do concello do Vicedo, ou pinchar aquí: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.  ( Ir a taboleiro de anuncios, pinchar no  + para ver toda a información)

No hay comentarios: