No BOP de Lugo de hoxe día 17/02/2021 publícase o anuncio da convocatoria para a selección, mediante concurso-oposición, de DOUS PEÓNS DE MANTEMENTO DE ZONAS NATURAIS e DUN PEÓN DE SERVIZOS MÚLTIPLES, a xornada completa, como persoal laboral temporal, dentro do programa: "Fomento do Emprego do Plan Provincial Único de Cooperación cos concellos 2020", financiado pola da Excma. Deputación Provincial de Lugo. As bases de selección están expostas: no taboleiro de anuncios do concello, na sede electrónica e na páxina web da Excma. Deputación Provincial de Lugo
Como o prazo de inscripción é de 10 días naturais contados a partir da dita publicación, comenza mañá día 18/02/2021 e remata o día 01/03/2021 (por resultar inhábil o último día do prazo).
Para máis información ou consulta das bases contactar coa axente de emprego e desenvolvemento local do Concello do Vicedo, ou pinchar aquí: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0 (apartado taboleiro de anuncios, pinchar no + para ver tódalas novas)
No hay comentarios:
Publicar un comentario