jueves, 11 de febrero de 2021

Oferta de emprego: auxiliar de axuda no fogar a xornada completa

Están expostas as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha  AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR, a xornada completa, con adscrición ao servizo municipal de axuda no fogar do Concello do Vicedo. Sendo a data de  inicio prevista o día 09 de  marzo, e por un período de seis meses.


O prazo de inscrición é desde o día 12 ata o 24 de febreiro de 2021 (ambos inclusive). A selección realizarase o día 25 de febreiro de 2021, a partir das 10:00 na Casa Consistorial.

Para máis información e inscricións pasar pola Casa do Concello, ou pinchando no seguinte enlace:https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0  (no apartado de taboleiro de anuncios, pinchar no símbolo + para ver tódalas publicacións)

No hay comentarios: