No DOG de 22/03/2021 convócanse subvencións dirixidas a financiar actuacións de rehabilitación de edificios e/ou vivendas.
Actuacións subvencionables: Consideraranse actuacións subvencionables para o fomento da conservación, as seguintes actuacións:
a) As relativas ao estado de conservación da cimentación, da estrutura e das instalacións.
b) As relativas ao estado de conservación de cubertas, azoteas, fachadas e medianerías, incluíndo procesos de desamiantado.
c) As relativas á adecuación interior da vivenda unifamiliar, agrupada en fila ou en edificio de tipoloxía residencial colectiva, ás condicións mínimas de funcionalidade, habitabilidade, seguridade e hixiene legalmente esixidas.
Para a mellora da seguridade de utilización e da accesibilidade, consideraranse subvencionables as seguintes actuacións:
- A instalación de ascensores, salvaescaleiras, ramplas ou outros dispositivos de accesibilidade
- A instalación ou dotación de produtos de apoio
- A instalación de elementos de información ou de aviso, que permitan a orientación no uso de escaleiras, ascensores e do interior das vivendas.
- A instalación de elementos ou dispositivos electrónicos de comunicación entre as vivendas e o exterior
- A instalación domótica e doutros avances tecnolóxicos para favorecer a autonomía persoal de persoas maiores ou con discapacidade
- Calquera intervención que facilite a accesibilidade universal nos espazos do interior das vivendas unifamiliares ou en edificios de tipoloxía residencial colectiva, así como nas súas vías de evacuación
- Calquera intervención que mellore o cumprimento dos parámetros establecidos no Documento Básico do CTE, de seguridade de utilización e accesibilidade (DB-SUA).
Requisitos das actuacións:
1) Edificios finalizados antes do 1 de xaneiro de 1996.
2) As vivendas deberán constituír a residencia habitual e permanente das persoas propietarias, inquilinas ou moradoras no momento de solicitar a axuda.
3) En edificios de vivendas de tipoloxía residencial colectiva:
- Que, polo menos, o 70 % da súa superficie construída sobre rasante teña uso residencial
de vivenda, excluída a planta baixa e/ou plantas inferiores, se ten ou teñen outros
usos compatibles
- Que, polo menos, o 50 % de todas as vivendas do edificio constitúan o domicilio habitual
das persoas propietarias, inquilinas ou moradoras no momento de solicitar as axudas
- Que as actuacións conten co acordo de executar as obras da comunidade.
Prazo de solicitude: comenza mañá día 23/03/2021, e por un período dun mes ou ata o esgotamento do crédito.
Máis información e solicitudes: contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local, ou pinchar no seguinte enlace: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?langId=es_ES&codtram=VI422E
No hay comentarios:
Publicar un comentario